O Concello de Viveiro organiza obradoiros de Nadal para nenas e nenos de 3 a 12 anos do 26 de decembro ao 3 de xaneiro

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición dos obradoiros de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estuden nalgún dos centros educativos do municipio. Terán lugar os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e mais os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá xogos, experimentos, música e máis actividades. É de balde e a inscrición será mediante formulario online no enderezo https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeMf1_Uw.../viewform

“Son uns obradoiros para favorecer que os nenos teñan actividades durante todos os días do Nadal”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que engade: “xa se levan facendo moito tempo en Viveiro e sempre funcionan, polo que agardamos que, un ano máis, tanto as familias como os nenos estean contentos e desfruten con estas actividades”.

Pola súa banda a alcaldesa, María Loureiro, convida “a toda a cativada do municipio a participar nestes obradoiros, nos que poderán facer unha xincana, aprender a crear adornos de Nadal ou participar na festa de Fin de Ano”.