Certámenes
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.
As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XII concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2022”.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron no día de hoxe a nova edición deste certame.
Tal e como explica a edil, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un concurso co gallo do Día das Letras Galegas. O certame terá dúas modalidades: unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.
Na modalidade de narrativa os traballos deberán estar en lingua galega e a temática será libre. A de debuxo terá unha temática libre e as obras deberán estar feitas nunha cartolina tamaño DIN A4. Se ten algún tipo de texto deberá estar en galego.
Haberá catro categorías: ata 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. E entregaranse premios para os mellores traballos de cada modalidade e categoría.
O prazo de presentación das obras remata o día 20 de maio de 2022.
Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada traballo que presenten e...
leer másA Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela convoca a sexta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que terá lugar no porto burelés do 4 ao 7 de Agosto de 2022.
Os artistas interesados en participar poden enviar as súas propostas ata o 15 de xullo a amarteburela@gmail.com
BASES REGULADORAS
CAPÍTULO 1.-
DOS PARTICIPANTES. PRIMEIRA. Ao certame poderá presentarse calquera persoa ou colectivo cuxos integrantes superen a maioría de idade. Non poderan presentarse os gañadores de a edición anterior.
CAPÍTULO 2.-
REQUISITOS DAS OBRAS SEGUNDA. Ofertaranse 9 murais coas seguintes dimensións: 5.90 m. x 2.10 m TERCEIRA. Os murais deberán ser completados nun máximo de 4 días...
O Concello de Viveiro convoca o concurso de fotografía “Onde les ti?”, para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. A iniciativa está impulsada pola concellería de Cultura, a Biblioteca Municipal de Viveiro e conta coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro.
O concurso busca crear unha imaxe na que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e na que o libro ou o acto de ler sexa o protagonista da instantánea. Esta poderá ir acompañada dunha breve descrición se o/a participante o considera oportuno.
“Facemos unha pequena homenaxe aos libros, eses grandes compañeiros nos momentos de lectura, que implica relaxación, imaxinación, goce, pensamentos…”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
Establécense...
leer másUn ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo.
Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...
A presentación de traballos remata o 27 de abril. As bases son as seguintes:
1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes Podes contalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa.
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR)”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes. Podes debuxalo. O que ves, o que sentes, o que pensas...
leer másO IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.
A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.
Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e...
leer másEn Burela tivo lugar este mediodía a presentación da segunda edición de Musicarte, o Certame de Vídeoclips Musicais, que organiza a Concellería de Cultura. Poderán participar, ademais de escolas de música, IES de Galicia e adultos non profesionais. O mellor en cada unha destas tres categorías obterá un premio de 400 euros. O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de xuño. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.
O edil burelés anunciou que “vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis. A novidade respecto ao ano pasado e que, ademais de haber un premio ao mellor vídeoclip para escolas de música, vai haber outro para IES de Galicia e tamén outro para persoas galegas que non...
leer másO Concello de Viveiro informa que o 7º Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e Traballos” amplía o prazo de recepción das obras ata o próximo martes 8 de marzo de 2022. Dito certame está convocado polo Concello de Viveiro e o Centro de Información á Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
O concurso diríxese a fotógrafos/as afeccionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como no privado.
Máis información sobre o certame no e-mail cim@viveiro.es ou no teléfono 982550421.