O VI Certame Internacional de Pintura Mural Amarte terá lugar no porto de Burela do 4 ao 7 de agosto.

A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela convoca a sexta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que terá lugar no porto burelés do 4 ao 7 de Agosto de 2022.

Os artistas interesados en participar poden enviar as súas propostas ata o 15 de xullo a amarteburela@gmail.com 

BASES REGULADORAS

CAPÍTULO 1.- 
DOS PARTICIPANTES. PRIMEIRA. Ao certame poderá presentarse calquera persoa ou colectivo cuxos integrantes superen a maioría de idade. Non poderan presentarse os gañadores de a edición anterior.

CAPÍTULO 2.- 
REQUISITOS DAS OBRAS SEGUNDA. Ofertaranse 9 murais coas seguintes dimensións: 5.90 m. x 2.10 m TERCEIRA. Os murais deberán ser completados nun máximo de 4 días de traballo. 4, 5, 6 e 7 de Agosto de 2022 CUARTA. A distribución dos murais realizarase unha vez elixidos os gañadores da convocatoria. O que non significa que sexan os gañadores do certame. QUINTA. Os murais terán como temática “O mundo do mar”. E cada concursante poderá presentar un máximo de duas propostas. SEXTA. A técnica será libre, adaptándose en todo momento ás bases do certame. Cada participante comprometerase a realizar o traballo no tempo estimado e de acordo as bases aquí estipuladas. 

CAPÍTULO 3.- 
INSCRICIÓN. SÉTIMA. As propostas enviaranse ao correo amarteburela@gmail.com xunto con: a. Datos do participante ou colectivo. b. Fotocopia DNI de cada integrante que traballe na proposta. c. Teléfono e correo electrónico da persoa responsable da obra. Concello de Burela Rúa Eijo Garay, 20, Burela. 27880 (Lugo). Tfno. 982586000. Fax: 982585945 d. Título da obra. e. Certificado de número de conta bancaria no que realizar o ingreso no caso de resultar premiado. f. Proxecto da proposta ou propostas (Boceto, listaxe de materias, tempo de execución, ou calquera data que os artistas queiran aportar á organización) g. Referencias á obra do artista, a súa traxectoria, premios gañados, etc… O obxectivo e poder valorar a experiencia do candidato, e tamén se valorará polo xurado á hora de seleccionar os finalistas. Si son mais de un por mural, un documento asinado no que se acepte el cobro del premio na conta de un deles. As obras poderán enviarse desde o día seguinte á publicación de estas bases na sede electrónica do Concello. A data límite de entrega das propostas será o 15 de Xullo de 2022. 
OITAVA. As propostas seleccionadas comunicaranse o 20 de xullo de 2022 a cada participante por correo electrónico. 
NOVENA. As datas para realizar os murais serán os días 4, 5, 6 e 7 de Agosto de 2022 de 9h a 21h. Ininterrumpidamente agás o domingo 7 que só estará permitido pintar ata as 12h. Os participantes non están obrigados a utilizar os 4 días habilitados para a realización dos proxectos, máis a data de remata do proxecto non será anterior nin posterior ao Domingo 8 de agosto de 2021. Feita a oportuna acta de baremación polo xurado, será tramitada para a realización do oportuno ingreso dos premios nas contas bancarias facilitadas á maior brevidade posible. 
DÉCIMA. O xurado estará composto por 3 membros como mínimo e 5 como máximo que estarán vinculados a comunidade das artes e/ou a cultura a nivel galego podendo ser un deles un representante da Area de Cultura do Concello de Burela. 
DÉCIMO PRIMEIRA Os participantes no certame quedan informados e autorizan que os datos persoais facilitados ao inscribirse no concurso, sen cuxa facilitación non se poderá participar no mesmo, incorporaranse a un ficheiro automatizado, titularidade do Concello de Burela e serán tratados coa finalidade de desenvolver a súa participación no concurso. Ante o non cumprimento das bases, o Concello de Burela queda facultado para rexeitar as obras dos participantes por non cumprir cos requisitos de participación. A Organización recomenda aos participantes non deixar a inscrición para o último momento, debido aos posibles colapsos de rede que se puidesen producir ao coincidir un alto número de inscricións nos últimos días de prazo. A Organización non se responsabiliza das consecuencias derivadas deste feito, admitindo exclusivamente as inscricións realizadas a través do formulario oficial do concurso. 
DÉCIMO SEGUNDA. A organización outorgará a cada participante o seguinte materia: Pintura plástica (cores básicas), brochas, rodillos, pinceis, etc., por un valor máximo de 180 €, ademais de 180 € para cada participante NON PREMIADO ao final do certame. 
DÉCIMO TERCEIRA. Os premios serán: a. 1º Premio 1600 € b. 2º Premio 800 € c. 3º Premio 500 € (entregan empresarios locais: Restaurante Sargo, Hotel Nordés y Pescados Ruben) Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF que establece a lexislación vixente. 
DÉCIMO CUARTA. Os premios non poderán ser acumulativos, nin reembolsables nin intercambiables. O premio é único independentemente do número de autores da obra. 
DÉCIMO QUINTA. Os premios poden quedar desertos se o xurado así o decide. O fallo do xurado será inapelable. 

CAPÍTULO 5.- 
CUESTIÓNS XERAIS DÉCIMO SEXTA. A Organización do concurso resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, violento, sexista, racista, homofóbico ou vulnere algún dereito fundamental da persoa. 
DÉCIMO SÉTIMA. Coa presentación do boceto a concurso os/as participantes garanten que non achegarán materiais que supoñan vulneración algunha dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros, polo que liberan absolutamente ao Concello de Burela de toda responsabilidade derivada de calquera incumprimento de calquera norma ou infracción de dereitos de terceiros por parte dos/as participantes, asumindo estes/as a obrigación de manter ao Concello de Burela libre de toda responsabilidade no devandito caso. Os concursantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe das persoas que aparezan nelas, así como de que as obras presentadas non estean sometidas a reclamación legal algunha e se atopen dentro do establecido pola lei de propiedade intelectual, eximindo á Organización de calquera tipo de responsabilidade. 
DÉCIMO OITAVA. Os/as participantes no concurso ceden ao Concello de Burela os dereitos de explotación das obras presentadas, incluíndo os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, comunicación pública, divulgación e reprodución por Internet ou calquera outro medio audiovisual, mostra ou exhibición, das obras. Dita cesión realízase de forma gratuíta e non exclusiva, a nivel mundial. A organización, así mesmo, resérvase o dereito de utilizar as obras seleccionados e recibidas con fins promocionais e/ou de difusión, os cales se exercitarán sempre co recoñecemento da súa condición de autor, excepto manifestación en contra. 
DÉCIMO NOVENA. Calquera eventualidade imprevista xurdida en relación co desenvolvemento do “V Certame de pintura mural do Concello de Burela” e non contemplada de forma expresa nestas bases será resolta de acordo co criterio da organización. Así mesmo, a organización non se fai responsable da mala ou nula recepción dos materiais. 
VIXÉSIMA. Non se sufragarán os gastos de desplazamento dos finalistas. 
VIXÉSIMO PRIMEIRA. A participación neste Concurso supón a aceptación plena das súas bases