Mostra
A sala de exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acolle desde hoxe, 28 de outubro, e ata o 10 de novembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez “Pimpelo”.
A mostra denomínase “Unha viaxe por Ribadeo”. E está aberta en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20:30 horas polas tardes.
Mondoñedo acollerá a primeira Mostra de Títeres desde o venres 18 ata o domingo 20 de outubro.
O venres ás 18:30 horas na Praza do Concello representarase A Tómbola do Cromina, a cargo do grupo galego Mircromina Teatro de Títeres. En caso de choiva trasladarase á Casa da Xuventude.
O sábado ás 18:30 horas na Casa da Xuventude a compañía Titiritainas, de Ecuador, ofrecerá a obra Diente de leche.
E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Concello o grupo Espada de Madera, de Ecuador, representará El tío Carachos. En caso de choiva será na Casa da Xuventude.
Esta mostra está organizada por O Fantástico Taller dos Títeres, de Mondoñedo.
A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.
“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.
A asociación cultural Airiños do Xunco organiza a primeira Mostra de Cantareiras e Cantareiros para o día 5 de outubro, sábado. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 18:30 horas e actuarán os grupos de cantareiras e de cantareiros de Son D’Aquí (A Coruña), da A.C. Saíñas (Xove) e Cordenaia, de Cervo.
“Logo de moitos anos traballando polo grupo, Airiños do Xunco volve a celebrar a súa mostra anual pero desta vez de cantareir@s. Temos o pracer de convidarvos á I Mostra de Cantareiras e Cantareiros, que se celebrará o sábado 5 de outubro no salón de actos do Concello de Cervo. Contaremos co grupo veciño AC Saiñas e os amigos de Son D’Aquí, que veñen dende a Coruña”, anuncia Airiños do Xunco, que engade: “agardámosvos a todos para desfrutar dunha representación da nosa cultura”.
A Oficina de Turismo acolle ata o 3 de outubro unha exposición fotográfica da Unidade Militar de Emerxencias.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, contou que “hoxe inauguramos a exposición itinerante Somos Soldados, da UME, Unidade Militar de Emerxencias, na oficina de turismo de Ribadeo. É unha exposición organizada pola UME, a súa Delegación de Defensa en Lugo e o Concello de Ribadeo. Estará aberta desde hoxe ata o 3 de outubro, de martes a sábado, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas”.
A edil ribadense explicou que “esta exposición fotográfica reproduce algunhas das actuacións máis importantes da Unidade Militar, tanto en territorio nacional como noutros países. Cada imaxe é un testimonio visual do esforzo incansable e do compromiso dos membros de UME por salvagardar a vida e o benestar dos cidadáns...
leer másA exposición Galicia Imaxinada estará no Edificio Multiusos de Ourol esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Poderá visitarse, con entrada gratuíta, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
O Concello de Ourol explica: “dentro das actividades da Ruta Indiana este ano contamos coa exposición Galicia Imaxinada, cedida polo Consello da Cultura Galega. Esta mostra retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia. A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto coas habaneras Eco de Galicia y Tierra Gallega, entre outras”.
O Concello de Viveiro foi o escenario da presentación da Mostra Folclórica Internacional, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto. A mostra cumpre este ano a súa 44ª edición e recibirá de novo agrupacións de varios continentes.
“Quero agradecer o traballo de Bágoas da Terra e da súa presidenta, Mari Carmen González López, Chipe, por todos estes anos de traballo nun evento que é un referente cultural en Galicia”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha presentación á que tamen asistiu a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello destaca que este evento “posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco...
leer másEste verán a Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acollerá unha nova e marabillosa exposición de pintura titulada “Da cor ao Xesto”, unha mostra de pinturas e tintas de Costafreda. A inauguración terá lugar o próximo venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de agosto.
A mostra incluirá uns 60 cadros de diferente formato, abarcando acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta, ofrecendo así unha variedade de estilos e técnicas para o deleite dos visitantes.
Como actividade complementaria, a artista impartirá un taller intensivo de pintura Zen sumi-é, promovido polo Concello de Cervo. Este obradoiro terá lugar os venres 26 de xullo e 2 de agosto de 19:00 a 21:00 horas.
A inscrición para o taller é gratuíta e pode realizarse na...
leer másA Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis, que pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes. Foi presentada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; Vidal Martínez-Sierra, directivo da asociación Patrimonio Laurentino; e Miguel Freire, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e un dos autores da exposición.
A alcaldesa destacou que Lourenzá conta con esta mostra “grazas á colaboración da asociación Patrimonio Laurentino, que fixo os trámites para que esta exposición puidese estar aquí” e anunciou: “estamos organizando para o mes de xullo unha charla na que se falará polo miúdo desta mostra”.
Rocío López explica que a exposición “consta de máis de 40 paneis nos que expón unha...
leer másDo 14 de xuño ao 17 de agosto poderase visitar no Forte de San Damián a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio. A mostra, que será inaugurada mañá ás sete da tarde, foi presentada no salón de plenos do Concello.
Nese acto Mily Osorio anunciou que “este próximo viernes, día 14, a las 7 de la tarde, inauguramos la exposición de escultura Unha Viaxe no Tempo a través da Arte del escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio, en un lugar mágico como es el Fuerte e San Damián, coincidiendo con el 400 aniversario”.
A filla do escultor lugués subliñou que “es una exposición muy especial, va a ser la primera del escultor en esta villa. Tuvo un nexo, una comunión especial con Ribadeo, ya que él estuvo como profesor en el Instituto Gamallo Fierros del año 1955 al año 1963. Y en esos años modeló los retratos del Viejo...
leer más