A sala de exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acolle desde hoxe, 28 de outubro, e ata o 10 de novembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez “Pimpelo”.
A mostra denomínase “Unha viaxe por Ribadeo”. E está aberta en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20:30 horas polas tardes.