Festival
A Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.
Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas, pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, o responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado...
leer másO grupo británico JP Bimeni and The Black Belts actuará no décimo Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=IwY2xjawGz7stleHRuA2FlbQIxMAABHY11O9OtiiBwo0jM1qZ9YcAQJZYrRUX41POEdrE7GehhkeWIyo_nSuvPjw_aem_UzG1zgh5pqoFSoky_6-9qw
A promotora deste festival, Game Over...
leer másEn Foz celebrarase un Festival de Nadal con concerto de panxoliñas o día 14 de decembro, sábado, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila focega.
Este evento musical está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará xunto ao grupo local Mar Aberto.
A asociación cultural Amigos da Troula organiza, en colaboración co Concello de Cervo, a sexta edición do Callo Fest, o venres 27 de decembro. Trátase dun festival máis que consolidado no panorama musical da Mariña nunhas datas tan sinaladas como o Nadal, que serve, tamén, como un ensaio das badaladas de fin de ano, explica o Concello de Cervo, que tamén anuncia que “o principal cabeza de cartel desta edición será o grupo Me Fritos And The Gimme Cheetos, un grupo que nace no ano 2016 para facer versións das mellores cancións a ritmo de punk-rock melódico, con moitas ganas de facer festa”.
O Concello de Cervo engade que “outro dos principais alicientes desta cita será o grupo portugués Foo Riders, tributo do mítico grupo americano de rock alternativo Foo Fighters, que interpretarán sobre o escenario temas clásicos da banda, que conta con...
leer másA Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, celebra a décimo sétima edición do seu festival día 14 de decembro, sábado.
“Coa actuación destacada de Xosé Antonio Touriñán, haberá tamén sendeirismo, música, gastronomía... Unha proposta irresistible”, anuncia a organización.
O programa inclúe estas actividades: ás 12 horas, Ruta das Minas (guiada e gratuíta), inscrición en asociacionasminas@gmail.com; ás 14 horas, sesión vermú; ás 17:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 17:40 horas, contacontos inclusivo con DI y lo Amorodos; ás 18:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 19:00 horas, Grupo Tambukda, de Lugo, polas rúas e bares do pobo; ás 20:00 horas, degustación gratuíta de callos na carpa da asociación, amenizada por Grupo...
leer másDo 23 de novembro ao 7 de decembro terá lugar o X Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que foi presentado no Concello.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “chega unha cita tradicional da axenda cultural do outono en Ribadeo. O Festival de Jazz & Blues, que se ven celebrando na nosa vila coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel”.
A edil ribadense contou que “esta edición inclúe tamén unha masterclass na Escola Municipal de Música de Ribadeo a cargo de Ángeles Dorrío, que estará dirixida principalmente ao alumnado do centro”.
Sanjurjo dixo que “polo X Festival de Jazz & Blues de Ribadeo pasarán este ano: Cyrus Chestnut Trío o día 23 de novembro; J.P...
leer másO vindeiro 9 de novembro, a cidade de Mondoñedo converterase no epicentro da cultura e a música galega coa celebración do Festival Breason, organizado pola Asociación Xuvenil Xoldra.
Este evento, que busca ser "unha xornada inesquecible" para veciñanza e visitantes, ofrecerá unha mestura única de música en directo, obradoiros artesanais e actividades tradicionais, nun "ambiente festivo e acolledor" para todos os públicos.
Entre as actuacións máis agardadas, destaca a presenza dalgúns dos grupos máis relevantes da escena musical galega, como Ortiga, Cool Nenas, Terbutalina, De Ninghures, Brassica Rapa, e a sempre animada Duendeneta, que se encargarán de poñer banda sonora a esta xornada. Tamén contarán coa que definen como "a máis especial das actuacións": o 9 de novembro veremos o comezo nos escenarios da...
leer másA asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, anuncia o cartel completo da terceira edición do festival Breason, que se celebrará na Praza da Catedral mindoniense o día 9 de novembro, sábado, con entrada de balde.
Actuarán Ortiga, De Ninghures, Cool Nenas, Terbutalina, Brassica Rapa, Meniñ@s da Mariña e La Duendeneta.
Haberá acampada interior, carpa, sesión vermú, foliada, after, magosto, xogos populares e obradoiros de artesanía.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con representantes do Concello de Mondoñedo e da asociación xuvenil Xoldra aos que lles confirmou o apoio do Goberno galego para a terceira edición do festival BreaSon, que se celebrará na localidade mariñá o venres 8 e o sábado 9 de novembro.
O festival contará coas actuacións de recoñecidas bandas e artistas da música galega actual, como Terbutalina, Cool Nenas, De Ninghures, Brassica Rapa, Ortiga, a Duendeneta ou as Meniñas da Mariña, e tamén da banda municipal Pascual Veiga. Haberá ademais actividades complementarias para todas as idades, como a celebración dun magosto popular.
A Xunta colaborou xa economicamente nas edicións anteriores deste festival, que se celebrou por primeira vez en novembro de 2022 coincidindo coa conmemoración...
leer más