Festival
O IX Festival de Jazz & Blues de Ribadeo desenvolverase do 2 ao 9 de decembro. Están programados catro concertos no Auditorio Municipal. As entradas están xa á venda. Na presentación participaron o alcalde, Deni Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “do 2 ao 9 de decembro terá lugar en Ribadeo a novena edición do Festival de Jazz & Blues. Temos programados 4 concertos, que serán no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas. As entradas xa se atopan á venda en www.ataquilla.com O prezo oscila entre os 10 e os 15 euros”.
Sanjurjo explicou que “o día 2 estará en Ribadeo Andrea Motis, o 6 de decembro gozaremos de Drumless Trío, o día 8 contaremos coa actuación de The Cinelli Brothers e o 9 culminaremos esta novena edición...
leer másA Casa da Cultura de Riotorto acollerá a quinta edición do festival que organiza a coral da localidade este sábado, 25 de novembro, ás 19:30 horas.
Ademais da Coral de Riotorto actuarán o coro Airiños do Mar, de Barreiros, e a coral Areosa, de Narón.
Nesta actividade colaboran o Concello e asociación de amas de casa de Riotorto.
A segunda edición do festival BreaSon, organizado pola asociación xuvenil Xoldra e o Concello de Mondoñedo, celebrarase na cidade mindoniense o 4 de novembro, sábado.
Neste evento musical actuarán Catuxa Salom, Los Rastreadores (Ortiga&Grande Amore), Fillas de Cassandra, Grande Osso, Ruxe Ruxe e The Skarnivalvs.
Haberá tamén outras actividades como sesión vermú, magosto, xogos populares para picarxs e acampada interior.
Os organizadores sinalan: “faltan 5 días, se aínda non tes a túa entrada vai a www.osadomar.com e ponlle remedio. Non te podes perder este @osadomar 2023 (1, 2 e 3 de #setembro #burela #amariñadelugo)”
E tiveron palabras de agradecemento para os patrocinadores e colaboradores: “grazas a todos os patrocinadores e institucións que o fan realidade cada ano. E a todas as colaboradoras e colaboradores pola ilusión e traballo!”.
@vibramahou
@concellodeburela
@vicedepulugo
@xuntagalicia
@camino_xacobeo
@gadis.supermercados
@thunderbitchwhisky
@lolea_es
@paco_lola
@gin_montefaro
@merluzadeburela
@mapfre Burela
@contraste_foodanddrinks
Ribadeo será escenario da primeira edición do Xara Fest, o festival de música underground, o 2 de setembro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o sábado 2 de setembro teremos en Ribadeo a primeira edición do Xara Fest. O festival de música underground trae no cartel a DJ Selecta, Ill Pequeño e Ergo Pro, Boyanka Kostova e C Mirazo”.
A edil ribadense dixo que “ademais da música neste tipo de concertos non pode faltar a imaxe e tamén haberá un mercadiño de produtos relacionados”.
Sanjurjo engadiu que “está organizado por Alberto, Alejandro, Javier e Mario, catro rapaces que coa colaboración das administracións e de diversas entidades privadas achegan de balde a Ribadeo esta música e todo o seu ambiente”.
O alcalde, Dani Vega, indicou: “gustaríame...
leer másO vindeiro sábado, 12 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII edición do Festival de Música Coral. Nel participarán a Coral Polifónica de Meirás, a Coral Polifónica de Noia e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro. O evento será na Praza maior ás 21 horas.
Os organizadores, Coral Polifónica Alborada, contarán coa presencia da soprano Clara Panas e a pianista Marta Blanco Pérez e co patrocinio do Concello de Viveiro.
Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao da vila focega.
O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA; e desde a organización non podemos estar máis agradecidos a estas institucións por permitirmos seguir promocionando a cultura musical realizada na nosa terra”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destacou a variedade de programación que promove o Concello de Foz durante a tempada de verán e fóra dela: “estamos a falar de todo tipo de actividades, probas deportivas, actuacións de...
leer másO vindeiro 6 de agosto celebrarase en Foz o IV Festival de Bandas ás 20 horas na Praza Conde Fontao, que contará coa participación da banda Sons e Soños, a Banda Municipal de Meira e a propia Banda de Música de Foz.
En primeiro lugar intervirá a banda Sons e soños, dirixida por Armando Morales Blanco, que conta con músicos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.
Seguidamente, a Banda Municipal de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, que celebrou recentemente o seu 20 aniversario e mesmo están a sacar un disco para a ocasión. Ademais contou coa participación da propia banda de Foz.
E por último a banda da vila de Foz actuará tamén neste evento musical baixo a dirección de Pablo Peláez.
A cita comezará o venres 4 de agosto, a partir das 19:30 horas, coas actuacións dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro
O domingo 6, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Infantil coa participación da Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará co Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, coa colaboración da Administración local.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación,...