Bases
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, comentou que “un ano máis Ribadeo acolle o seu concurso de tapas. O evento, promovido pola Área de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, presentase como unha oportunidade fantástica para que os bares e restaurantes ofrezan o mellor da súa cociña concentrado nun par de bocados. E, á súa vez, serve para afianzar a calidade gastronómica de Ribadeo”.
A edil ribadense explicou que “o concurso dará comezo o día 20 de abril prolongándose ata o día 28 de abril. O prazo de inscrición para os establecementos remata o 15 de marzo”.
Saiz subliñou que “como novidades este ano créanse novas modalidades de premios, como é o caso da tapa doce. Así os establecementos que estean interesados en participar desta modalidade poderán presentar ata un máximo de...
leer másO Concello de Burela fixo públicas as bases do VII Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto, coincidindo coa celebración da Feira do Bonito.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, dixo que “estamos diante da sétima e última edición de Amarte por limitacións de espazo no muro portuario. E a ela queremos convidar a participar aos artistas locais e comarcais que pola súa traxectoria se considere que son merecedores da invitación”.
A edil burelesa explicou que “serán nove os murais que se pintarán e que terán unhas dimensión de 5,90 metros por 2,10 metros. As obras deberán ser completadas nun máximo de catro días de traballo, entre o 3 e o 6 de agosto. A distribución dos murais, que terán como temática o mundo do mar, farase por sorteo”.
O Concello de Burela...
leer más