O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai levar a cabo unha actividade sobre nutrición e hábitos de vida saudable. Será no edificio Multiusos do Concello o venres 19 de abril ás 17:00 horas.
Esta actividade realízase “co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctica e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable”, explica o Concello de Ourol.
Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457.