Teatro

Etiquetas:
30/03/2025

A compañía Teatro do Noroeste representará a obra titulada Gloria Nacional en Burela o día 4 de abril, venres.

Está incluída dentro da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “Teatro do Noroeste trae a historia dun escultor en crise creativa, reflexionando sobre arte, identidade e política. Un espectáculo cheo de humor e crítica social, interpretado polas actrices Luma Gómez e Manuela Varela e o actor Miguel Pernas”.

Esta representación, para público adulto, será na Casa da Cultura de Burela e o prezo das entradas é de 5 euros.

Etiquetas:
17/03/2025

A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 22, ás 18 horas “Moby Dick”, un espectáculo máxico para toda a familia inspirado no clásico de Herman Melville. 

Trátase dunha historia chea de emoción, imaxinación e aventuras, ideal para gozar en familia. 

O prezo da entrada será de 3 euros. 

Etiquetas:
10/03/2025

Sarabela Teatro porá en escena a partir das 11:30 horas “A Cincenta que non quería comer perdices”. Asistirá o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos CEP Lois Tobio, CEIP Celeiro, CEIP Covas, CEIP Santa Rita de Galdo e CPR Landro

Sipnose: O obxectivo pasa por promover a igualdade de xénero e previr condutas de violencia machista así como fomentar as relacións afectivas sas e responsables.

Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Esta historia, escrita por Nunila López Salamero fálanos dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras.

A cincenta que non quería comer...

leer más
Etiquetas:
05/03/2025

A compañía Verdeveras Expresións Artísticas chega ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 8 de marzo, coa comedia “As formas do amor”. A función dará comezo ás 20:30 horas. 

Sipnose:As formas do amor
Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo de tanto tempo separados, tal vez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez. Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.

 

Etiquetas:
18/02/2025

Las entradas para asistir a esta cita el 7 de marzo a las 20:30 horas se pueden adquirir desde hoy en Rasca y Pica y en Multitiendas Teresa. Lo recaudado irá destinado a costear el viaje de fin de curso del grupo que protagoniza esta obra y de sus compañeros de instituto, del IES de Ribadeo y del CIFP Porta da Auga.

La Moderna será toda una sorpresa para los asistentes. Se trata de una función biográfica sobre alguien que protagonizó un capítulo importante de la historia de Ribadeo. Todo comenzó en 1896. 

Bajo el nombre de El Cisne Negro está un elenco de jóvenes actrices y actores, que espera cautivar al público de Ribadeo con esta función, que les servirá para despedirse tras años de estudios y amistad juntos para emprender nuevos caminos. 

El cartel es autoría de una joven estudiante...

leer más
Etiquetas:
10/02/2025

A cita será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. As gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez, é unha comedia.

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor....

leer más
Etiquetas:
04/02/2025

Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración desta comedia é de 70 minutos. 

Sipnose: Que é o que máis desexas nesta vida? Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo? Ata onde chegarías para conseguilo? Amosarías detalles íntimos da túa vida? Ensinarías o teu corpo por diñeiro? Que farías para evitar que a túa parella te deixara? E para conseguir seguidores?

Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.

... leer más
22/01/2025

O Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para os meses de febreiro e marzo de 2025, que comezará o propio día 1 de febreiro. 

A primeira representación desta programación será 'Ándale! Bon appétit!' da compañía Ghazafelhos Teatro, unha comedia dirixida a a un público infantil a partir de 6 anos. 

As representacións continuarán con ‘Desexo’ de Talia Teatro o 8 de febreiro, ‘As Gardiás’ de Teatro de Ningures o 15 de febreiro, ambas para público adulto. 

En marzo será a quenda de ‘As formas do amor’ de Verdeveras o día 1, ‘A Cincenta que non quería comer perdices’ de Sarabela Teatro o 8, ‘O mundo máxico de Pinocho’ de Educa Teatro o 15, e ‘Los hombres que no mienten’ de Teatro Andanzas o 22. 

A concelleira de Cultura, Lara Fernández...

leer más
Etiquetas:
10/01/2025

Este domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo. 

O Grupo de Teatro A Adala Futura, de Fazouro, porá en escena Rosalía Café a partir das 19 horas na Escola de Vilaframil. 

Mañá, sábado, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acollerá a presentación do libro Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo. No acto intervirán tamén Carlos Méixome Quinteiro e Mario López Rico. Esta actividade está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

 

27/12/2024

A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!

Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.