
A compañía Verdeveras Expresións Artísticas chega ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 8 de marzo, coa comedia “As formas do amor”. A función dará comezo ás 20:30 horas.
Sipnose:As formas do amor
Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo de tanto tempo separados, tal vez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez. Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.