A segunda edición da Cedofestiña celebrarase na parroquia ribadense de Cedofeita o día 31 de agosto, sábado, con entrada de balde.
Haberá visita guiada ao pazo e proxección de curtas a partir das 18 horas e concertos desde as 20 horas coas actuacións de Kornucopia, Miguel Alberte e Tapete (Dj set).
Este evento está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “estamos contentísimas porque xa está aquí a segunda edición da Cedofestiña. Reserva a última finde de agosto para despedir o verán porque vai estar chulísimo. Ademais de concertazos faremos unha visita guiada ao Pazo, que rematará coa proxección de curtas e posterior coloquio”.