Festa da Empanada

10/04/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra a Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 12 de abril. Será no local social (escola vella).

Este evento está organizado pola comisión organizadora das festas de San Pantaleón e Santa María de Galdo, que anuncia que “as empanadas son de bonito, bacalao e cecina con queixo. As racións serviranse entre as 14:00 e as 20:00 horas. Contaremos con actuacións musicais durante todo o día: sesión vermú ás 14:00 horas amenizada por Verónica Cambón; sesión de tarde coas actuacións de Amigos do Folk, Grupo Zerna e Grupo Alovai; e remataremos coa sesión de noite, con DJ Juanjo”.