Ribadeo
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a presentación do libro titulado Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México. O acto será este sábado, día 11 de xaneiro, ás 19:30 horas na biblioteca municipal ribadense El Viejo Pancho. Ademais da autora do libro, intervirán Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista) e Mario López Rico, tradutor e autor do prólogo do libro.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica que “Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e...
leer másSerá a partir das 19:00 horas na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro. Ata as once da noite servirán cañas, viños e empanadas variadas. Haberá cantos de taberna a cargo de Los Jilguerillos e En faldas y a lo loco.
Xa a partires das once festa rachada amenizada por The Sound Project con copas, sorteos e mais sorpresas.
Na carpa estará instalado un stand de merchandising do Ribadeo FC.
O Empanadeo está organizado polo Ribadeo FC, que conta coa colaboración da SD Ribadeo e do Concello de Ribadeo.
As instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez, máis coñecido como Pimpelo, desde este venres, día 10 de xaneiro, ata o domingo 12.
A mostra, titulada A miña terra, poderá visitarse os tres días de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00.
Desde o Concello de Ribadeo informan que "a previsión meteorolóxica fai que se suspenda o percorrido da Cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades sairán do Concello camiñando ás 18:00 horas deste domingo, 5 de xaneiro, acompañados dos paxes e dirixiranse á carpa situada no parque de San Francisco para a recepción con todos os nenos e nenas de Ribadeo".
E engaden: "alí vos agardamos".
O grupo humorístico Trípode representará a obra titulada A Presa en Ribadeo este sábado, día 4 de xaneiro. Será ás 19:00 horas no centro de ensino Pedro Murias, na parroquia ribadense de Vilaframil.
Trípode anuncia: “volvemos aos escenarios outro sábado máis. Desta volta, convidados polo Concello de Ribadeo, estaremos no colexio Pedro Murias, de Vilaframil, o día 4 de xaneiro polas 19:00 horas. Outra volta a pelexar pola nosa aldea, pola nosa contorna natural, pola nosa vida. Outra vez a discutir sobre o eterno dilema da tradición e a modernidade, outra vez a facer teatro e a divertirnos. Agardamos por vós, para pasar un agradable rato xuntos”.
O cantautor galego Manoele de Felisa ofrecerá un concerto de Nadal na vila ribadense coa Coral Polifónica de Ribadeo e co Coro Sagrado Corazón este sábado, día 4 de xaneiro.
O concerto, incluído na programación de Nadal do Concello ribadense, será na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas.
O musical Tadeo Jones, la tabla esmeralda representarase en Ribadeo este venres, día 3 de xaneiro. Será ás 17:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
A empresa promotora deste espectáculo, Ace Pro Entertainment, anuncia: “llega Tadeo Jones, el musical. El personaje de animación más importante de la historia del cine español se hace realidad para que puedas disfrutar de sus aventuras en carne y hueso en el único musical oficial del mundo”.
O xoves 2 de xaneiro celébrase o Nadal na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, cunha actividade de animación á lectura na cal os nenos e nenas se converterán en auténticos detectives para resolver "O misterio das cartas dos Reis Magos".
É unha actividade para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Hai 30 prazas dispoñibles e para participar hai que anotarse no Whatsapp da Biblioteca: 604.08.42.01.