Ribadeo
O 30 de decembro ás 12:00 horas terá lugar en Ribadeo a II Marcha Interxeracional San Silvestre Máis metros máis posibilidades, que organizan o Centro de Día A Corcordia e o Concello.
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o percorrido desenvolverase entre a rúa Dionisio Gamallo Fierros e a Praza de España. Son 150 metros. Esta actividade está pensada para persoas de todas as idades. O obxectivo é apostar porque a accesibilidade estea presente na nosa vida cotiá”.
O prazo de inscrición para participar nesta marcha está aberto desde hoxe ata o 16 de decembro. Pode facer no Centro de Día A Concordia de xeito presencial ou chamando aos teléfonos 982 120 407 ou 638 295 573.
No acto de presentación, que tivo lugar no Centro de Día A Concordia, participaron a concelleira de...
leer másA asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música
“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.
O campus será impartido por adestradores e xogadores do Ribadeo FC e da SD Ribadeo no campo de fútbol O Outeiro, na Devesa, en horario de 10 a 14 horas os días 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 637 870 316 ou ao correo electrónico ribadeofutbolc@gmail.com
Na presentación Dani Moirón, coordinador deportivo do Ribadeo FC explicou que “el Ribadeo FC celebra su primer campus de Navidad con la idea de promover valores deportivos y humanos, hábitos saludables y positivos, ayudar a la conciliación familiar y expandir el sentimiento ribadense”. E subliñou que “niños y niñas podrán disfrutar durante ocho días de la mejor formación a nivel futbolístico. El horario será de 10 a...
leer másA medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Ribadeo o vindeiro 4 de decembro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será no Salón dos Alcaldes do Concello ás 18:30 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “animamos a asistir a esta charla, que tendrá lugar el próximo miércoles en Ribadeo”.
O grupo británico JP Bimeni and The Black Belts actuará no décimo Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=IwY2xjawGz7stleHRuA2FlbQIxMAABHY11O9OtiiBwo0jM1qZ9YcAQJZYrRUX41POEdrE7GehhkeWIyo_nSuvPjw_aem_UzG1zgh5pqoFSoky_6-9qw
A promotora deste festival, Game Over...
leer másAlumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.
En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.
A concelleira de Educación e...
leer másO Concello de Ribadeo, ABANCA e Afundación (a Obra Social de ABANCA) inauguraron este mércores, día 27 de novembro, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Permanecerá aberta ata o 28 de decembro na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Ribadeo, de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Afundación explica que “ao acto asistiron o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra; a concelleira de Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Ribadeo, Ángel Luis Macía; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano”.
Tamén indica que “esta mostra está incluída en «...
leer másO 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...
leer másCorenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
O xerente...
leer más