Ribadeo
Este domingo, día 16 de febreiro, ás 17:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá a representación de Hugo, unha obra da compañía Os Náufragos.
O Concello de Ribadeo anuncia que esta obra “aborda as microdiscriminacións diarias das persoas con TEA. Unha peza emotiva que reflexiona sobre a empatía, a necesidade de comunicarnos e a beleza da diferenza”.
O segundo taller de Constantes Vitais, organizado pola Concellería de Benestar Social, chegará este mes a varias parroquias ribadenses.
O día 13 de febreiro será ás 16:00 horas en Cedofeita; o 17 ás 16:00 horas en Cinxe; o 18 ás 18:00 horas en Vilaselán; e o 26 de febreiro ás 18:00 horas en Ribadeo.
O taller é impartido pola enfermeira María Roel Pardo. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradece “el trabajo que María, la enfermera de nuestra concejalía, está realizando. Podemos anunciar que ya hay más charlas preparadas, de las que iremos informando poco a poco. Lo que pretendemos es conseguir un mayor bienestar e indepenencia de nuestros mayores”.
Segundo explica María Roel “o obxectivo do taller de constantes vitais para as persoas maiores é proporcionarlles...
leer másPerseidas es el nombre de la tienda de moda multitalla para mujeres de todas las edades que abrió recientemente en la calle San Francisco, de Ribadeo. Acaba de integrarse en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios (ACISA) porque “organiza muchas actividades durante todo el año”, explica la propietaria, Charo Jartín.
Perseidas es “una tienda de moda con tallas desde la 44 hasta la 62. Ofrecemos ropa para mujeres de todas las edades, incluso para señoras mayores, que también necesitan vestirse y la mayoría de los establecimientos que hay hoy en día están un poco más enfocados a la gente joven. Las mujeres mayores precisan acudir a tiendas que tienen de referencia, para comprar una falda tradicional, jerséis, abrigos, vestidos, pantalones, chaquetones, … En cuanto a marcas, en el establecimiento que estaba en este local había...
leer másO mércores 12 de febreiro ás 11:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, será o escenario da obra No solo duelen los golpes, un monólogo autobiográfico da comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. Esta actividade, organizada polo CIM dentro do programa O Concello cos coles, está dirixida principalmente ao alumnado de 3º de ESO do IES Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, así como a estudantes de Formación Profesional do CIFP Porta dá Auga.
No solo duelen los golpes é un monólogo unipersoal con pinceladas de autoficción que narra a vivencia persoal de Pamela Palenciano na súa primeira relación de noivado, que se tornou violenta ao longo de seis anos. A través da súa experiencia, a autora conéctanos coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que...
leer másO IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo, acolle desde este pasado xoves, 6 de febreiro, a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para “dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma”. A exposición permanecerá no hall de entrada do centro ribadense ata o 20 de febreiro.
O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na inauguración da mostra, na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado os contidos dos paneis, un percorrido histórico pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual, na que se sinalan, entre outras, aportacións de artistas da Mariña como Ugía Pedreira e Nuno Pico ou formacións como Adufeiras de Salitre, da que forman parte as mariñás Iria Penabad e Carolina Vázquez.
O responsable provincial presentou a...
leer másO Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto performance a cargo de Auga Menacho e David Bellas o día 14 de febreiro, venres, ás 21:00 horas.
Esta actividade está organizada pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o primeiro evento deste 2025 é un concerto-performance de David Bellas e Agua Menacho, dous mariñáns que de seguro van sorprendernos. Para ir facendo boca un pequeno adianto: Isorritmias (2025). Musical performance. A isorritmia é unha técnica de composición desenvolta a partir do século XIII e en uso ata o século XV. Consiste no uso repetitivo de patróns rítmicos e/ou melódicos. Neste caso baixo a óptica dos métodos de composición/improvisación dos séculos XX e XXI levados ao vehículo da gaita de fole. Quero ser unha vaca: Unha muller camiñando. Unha cidade....
leer másAcisa con amor é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 16 de febreiro. Acisa sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear dúas ceas para dúas persoas cada unha delas nos restaurantes Javier Montero e San Miguel así como unha estancia dunha noite romántica no Parador de Turismo de Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal e agora que estamos en plenas rebaixas, non nos podiamos esquecer de San Valentín, xa que as parellas de namorados aproveitan para facerse agasallos e...
leer másRibadeo acollerá este domingo, día 9 de febreiro, no Pavillón Municipal da rúa Alfredo Deaño unha clase de iniciación á danza organizada pola asociación ribadense As Vacas Fracas e que correrá a cargo de Ana Uría e Xacobe Paz.
Esta actividade desenvolverase de 17:30 a 21:00 horas e para participar hai que inscribirse previamente.
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 7 de febreiro, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro titulado Entre nós e o Eo, de Beatriz Pin e Antón Cando.
Neste acto tamén intervirá María Cando, para falar da toponimia da zona.