Ribadeo
O grupo de teatro Villarino representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da localidade ribadense de Vilela. Será este sábado, día 8 de marzo, ás 18:00 horas.
Esta actividade, incluída nos Seráns de Teatro, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilela.
O grupo mariñán Diavolinos ofrecerá un concerto no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas. Está organizado pola Asociación Cultural O Tribo da Travesía e o prezo da entrada é de 5 euros.
Diavolinos defínese como un grupo de amigos con distinta orixe, pero cun punto en común, que non é outro que o seu amor pola música, e o que lles fixo confluír na Mariña Lucense. Din: “no noso percorrido pola provincia de Lugo e, en especial pola Mariña, tratamos de recuperar temas de certa antigüidade, mais que seguen resoando na mente e no corazón de todos, dándolles, por suposto, o noso toque como grupo Diavolinos. Viaxamos coa nosa música por diferentes partes do mundo, acariñando distintas culturas e estilos musicais, tentando facer referencia a varios países e tamén á nosa terra galega. Entre estes estilos...
leer másA segunda charla, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, chegará este mes de marzo a Ribadeo o día 19 ás 18:00 horas no centro social. A conferencia tamén chegará ás parroquias dentro do programa Preto de Ti.
A charla será impartida pola enfermeira María Roel Pardo, que falará sobre a importancia de coñecer e sensibilizar sobre o Alzheimer.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, lembrou que “o alzheimer, como unha das principais causas de demencia, afecta a un número crecente de persoas maiores en todo o mundo e que, a pesar dos avances, segue sendo unha enfermidade que require atención e compromiso social, tanto para as persoas que a padecen como para os seus familiares e coidadores”.
A edil ribadense subliñou que “é fundamental que a...
leer másO 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca á Mariña Lucense para “recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación. Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00 horas en Ribadeo baixo o lema Feminismo para transformar a vida das mulleres”.
A manifestación sairá desde o aparcadoiro de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo.
A Área de Igualdade do Concello presenta unha ampla programación para conmemorar o Día Internacional da Muller. A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “teremos exposicións, teatro, concursos, cine e mobilizacións, as actividades buscan recoñecer o papel das mulleres ribadenses no pasado e no presente, así como fomentar a reflexión sobre os retos aínda pendentes en materia de igualdade”.
A edil de Igualdade sinala que “dentro duns días poderemos gozar no parque de San Francisco da exposición Mulleres x mulleres. Con esta mostra pretendemos promocionar e valorar o potencial das mulleres de Ribadeo do pasado, do presente e do futuro dando a coñecer o valor dos seus logros, creación, achegas… Os centros educativos participarán nunha actividade para achegar esta realidade ás novas xeracións”.
Sanjurjo segue a...
leer másO mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea para dúas persoas no restaurante La Solana.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do dia do pai na que imos sortear unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre mais de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no...
leer másA saída será ás 17:30 horas desde a Avenida Rosalía de Castro para pasar polas rúas San Roque e Virxe do Camiño, Avenida de Galicia, rúa José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias e rúa Clemente Martínez Pasarón para rematar diante da Casa do Concello.
Concello de Ribadeo e comisión organizadora explican que “debido ao volume de participación decidimos manter o percorrido habitual do desfile do noso Antroido. É certo que se barallou acurtalo un pouco, pero finalmente pensamos que o mellor é que toda a vila poida gozar do noso desfile ao grande, como sempre se fixo, percorrendo as principais rúas de Ribadeo. Adoptamos esta decisión seguindo tamén as indicacións da Policía Local e de Protección Civil”.
Comisión organizadora e Concello animan “a veciños e visitantes a botarse á rúa mañá, martes de Antroido,...
leer másA presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda esta semana, tras a celebración do Antroido. É importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 5.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o número de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse ata o 11 de maio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “as rifas que se poñen á venda estarán formadas...
leer másRibadeo acollerá a quinta edición da Heroican Race o vindeiro 28 de setembro. Concello e BeOne subliñan a dimensión deste evento deportivo, que foi presentado esta mañá.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “agradézoche a Roberto e todo o seu equipo que veñan a Ribadeo. O Concello, evidentemente, colabora naquelo que observa e visualiza que é interesante para o municipio. A Heroican Race, que sempre se celebrou en Ribadeo, durante un período non puido ou non foi posible, por desgraza, pero cando nós chegamos ao Concello ao goberno decidimos colaborar con este evento”.
O rexedor dixo: “evidentemente, dio Roberto e dio moi ben, é unha actividade deportiva, pero tamén ten unha dimensión económica, ten ese impacto económico, é un revulsivo para a hostalería, para o comercio, para os hoteis. En definitiva, é outro impulso...
leer más