Ribadeo

Etiquetas:
24/03/2025

Este venres, día 28 de marzo, ás 5 e media da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá o evento titulado Soberanía Dixital III: Linux para a casa. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión cos nosos aparellos electrónicos tipo ordenador ou móbil.

A organización desta actividade explica que “esta charla taller e posterior coloquio é a terceira actividade do ciclo que se desenvolverán ó longo de 2025 impulsado polo grupo amarinha.gal nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin; locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema operativo -isto é, dun conxunto de programas de comunicación coas nosas ‘máquinas...

leer más
23/03/2025

O luns 24 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense a presentación do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad, de Ribadeo. É “un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación”, explica o Concello ribadense.

O acto contará coa participación de: Antonio Ordóñez (vicepresidente da asociación Fotografía y Biodiversidad) y Belén Pérez (representante local do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad).

22/03/2025

Este domingo, día 23 de marzo, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval representarase a obra O dragón de ouro, dunha das máis prestixiosas compañías teatrais galegas, Sarabela Teatro.

A directora é Ánxeles Cuña Bóveda, da tradución encargouse Catuxa López Pato e o elenco está integrado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González.

 

21/03/2025

Ribadeo acollerá este domingo, 23 de marzo, unha xornada la liga benxamín de hóckey liña. A xornada estenderase desde as 11:00 da maña ata as 17:00 horas. 

Na cita, que terá lugar no pavillón municipal,  participarán equipos de A Coruña, Lugo e Xixón.

Etiquetas:
21/03/2025

Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Kornucopia actuará no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 22 de marzo. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas e despois da actuación de Kornucopia haberá foliada aberta co colaboración da asociación Amigos da Gaita Galega.

A entrada anticipada ten un prezo de 6 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 8 euros, pero para os menores é gratuíta.

Etiquetas:
21/03/2025
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 27 DE MARZO
 
VIERNES 21, SÁBADO 22 Y DOMINGO 23
SALA 1 18:00 – 20:30 – 23:00 “BLANCANIEVES”
SALA 2 18:00 – 20:30 “WOLFGANG ” 
SALA 2 23:00 “A COMPLETE UNKNOWN”
 
LUNES 24
SALA 1 20:30 – 23:00 “BLANCANIEVES”
SALA 2 20:30 “WOLFGANG ” 
SALA 2 23:00 “A COMPLETE UNKNOWN”
 
MARTES 25 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “BLANCANIEVES”
SALA 2 20:30 “WOLFGANG ” 
SALA 2 23:00 “A COMPLETE UNKNOWN”
 
MIERCOLES 26 SIN ESPECTACULO
 
JUEVES 27
 
SALA 1 20:30 – 23:00 “BLANCANIEVES”
SALA 2 20:30 “WOLFGANG ” 
SALA 2 23:00 “A COMPLETE UNKNOWN”
Etiquetas:
21/03/2025

No acto de inauguración, previsto para este sábado ás 12:30 horas, participarán catro voces da música galega que interpretarán O noso canto. 

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, dixo que “dentro da programación do 8M deste ano, chega a nós a exposición Mulleres x Mulleres que inauguraremos este sábado 22 ás 12:30 do mediodía no Campo de San Francisco.

A edil ribadense explicou que “é una exposición que quere render homenaxe a mulleres ribadenses de nacemento ou adopción en diversos ámbitos: na ciencia, no deporte, na música, na política, na filantropía, no comercio... É unha exposición que é un principio, pero que non está pechada. Queremos visibilizar ás mulleres ribadenses para que outras que veñen detrás saiban que poden transitar por onde elas queiran, que poden abrir camiños, ou seguir os que outras...

leer más
20/03/2025

Do 28 ao 30 de marzo terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas do peixe espada. Están organizadas por Acisa coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 15 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “como di o slogan do 28 ao 30 de marzo en Ribadeo trunfan espadas. Esa fin de semana terán lugar as xornadas gastronómicas do peixe espada de Burela nas que participarán 15 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. A OPP facilítanos de forma gratuíta 75 quilos de peixe espada que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nestas xornadas...

leer más
19/03/2025

Desde a Área de Igualdade a súa responsable, Begoña Sanjurjo, explica que  “desde o 19 de marzo ata o 4 de abril podedes participar neste concurso e compartir a vosa visión sobre a igualdade de xénero. Buscamos fotografías que reflictan a igualdade desde calquera perspectiva: corresponsabilidade no fogar, deporte en igualdade, conciliación laboral... A vosa creatividade será a protagonista”. 

A edil ribadense indica que “participar é moi sinxelo. So tedes que enviar as vosas fotografías por email a cim@ribadeo.gal poñendo como asunto: Obxectivo Igualdade 2025: Qué para ti a Igualdade? Desde esta Concellería queremos animarvos a participar e a amosar a vosa visión sobre a igualdade”.

O concurso establece os seguintes premios: 
- Categoría A (12-17 anos): 250 € + Diploma....

leer más
19/03/2025

O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.

Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.