
O grupo de teatro Villarino representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da localidade ribadense de Vilela. Será este sábado, día 8 de marzo, ás 18:00 horas.
Esta actividade, incluída nos Seráns de Teatro, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilela.