
O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca á Mariña Lucense para “recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación. Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00 horas en Ribadeo baixo o lema Feminismo para transformar a vida das mulleres”.
A manifestación sairá desde o aparcadoiro de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo.