Biodiversidad

23/03/2025

O luns 24 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense a presentación do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad, de Ribadeo. É “un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación”, explica o Concello ribadense.

O acto contará coa participación de: Antonio Ordóñez (vicepresidente da asociación Fotografía y Biodiversidad) y Belén Pérez (representante local do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad).