Observatorio

23/03/2025

O luns 24 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense a presentación do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad, de Ribadeo. É “un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación”, explica o Concello ribadense.

O acto contará coa participación de: Antonio Ordóñez (vicepresidente da asociación Fotografía y Biodiversidad) y Belén Pérez (representante local do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad).

01/03/2024

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e como cada ano, o Observatorio da Mariña pola igualdade “convoca a todo o feminismo da Mariña Lucense para combater contra as políticas que tratan de silenciarnos. Somos feministas, somos loitadoras e somos poderosas”. 

Desde o Observatorio indican: “queremos expresar a nosa posición desvinculante de todas as actividades lúdico-festivas que en torno ao 8M se organizan en diferentes Concellos da Mariña: viaxes, xantares populares, concertos, etc... Este Observatorio da Mariña pola Igualdade non vai permitir que se blanqueen as palabras Feminismo, Igualdade e Sororidade nunha data imprescindible para as nosas reivindicacións”. 

E subliñan: “este ano 2024 queremos visibilizar aos sectores máis vulnerables onde traballamos maioritariamente as mulleres, como...

leer más
17/10/2023

O 8 de marzo de 2023 o Observatorio da Mariña pola igualdade cumpriu 15 anos de vida visibilizando e sensibilizando sobre feminismo na Mariña. 

A súa actividade durante estes anos conseguiu tecer unha rede de sororidade, creando lazos e agrupando a mulleres de todas as condicións e cores posibles e de todos os concellos da nosa contorna. 

As accións deste Observatorio da Mariña pola Igualdade seguirán ofrecendo espazos feministas cheos de formación e información, reivindicando para as mulleres os espazos que debemos ocupar no día a día e observando, escoitando e non calando ante circunstancias que nos acorralan. 

Para poñer en valor o traballo de tantas e tantas mulleres que formaron, forman e formarán este Observatorio da Mariña pola igualdade, foi creada unha peza audiovisual que...

leer más