Xove
O pasado sábado, 12 de agosto, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, acompañados polos fotógrafos presentes na mostra e por un grupo de nenos/as do Programa Xove Concilia, inauguraron unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola décima edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cores”, sección na cal se presentan 8 fotografías.
O resto da exposición, 40 das 48 fotografías que a conforman, foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 48 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.
Os participantes na edición deste ano, son: María...
leer másDos días 17 ao 21 deste mes de agosto celébranse en Xove as festas patronais San Bartolo 2017, que foron presentadas polo alcalde, Demetrio Salgueiro, as concelleiras de Cultura e de Deportes, Dolores Meitín e Cristina Iglesias, e os membros da comisión de festas Andrés García, José Carlos Cociña e Benigno Canoura.
O programa de festexos comezará o 17 ás 16:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, Talía Teatro presentará o espectáculo Rosa Caramelo e outras historias dentro do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Esa primeira xornada de festas rematará coa lectura do pregón a cargo da escritora Rita Morrigan, ás 21:00 horas, tamén no salón de actos do Centro Cívico.
O venres, 18 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar unha sardiñada popular que estará amenizada pola Charanga de...
leer másHoxe tivo lugar a presentación do V Torneo de Padel San Bartolo de Xove. Neste acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10, que xestiona o torneo.
O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: masculina, feminina e mixta. Repartiranse 1200 euros de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de pádel.
O sábado, 5 de agosto, terá lugar en Xove a segunda edición do Summer Tech Festival.
Este evento, presentado a semana pasada polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e os organizadores do festival, Héctor Núñez e David Naya, está dedicado principalmente á música techno dentro da cal hai numerosas variantes como techno-house, house, deep…
Nesta edición o programa ten como cabeza de cartel a dous grandes artistas a nivel internacional como Uner e Dosem. Ambos son habituais en festivais europeos como os de Ibiza ou Tomorrowland. Ademais estarán en Xove algúns dos máis importantes artistas techno españois como Héctor Llamazares, Kanike e Brais Llano.
O festival comezará ás 22:30 horas e as portas do pavillón municipal de deportes abriranse ás 22:00 horas. O prezo da entrada o mesmo día do...
leer másO Concello de Xove organiza as Noites Alternativas que desenvolve durante os meses de xullo e agosto. Son actividades financiadas polo Concello e totalmente gratuítas.
No mes de xullo hai fútbol sala, os días 11,12 e 13, na praza do Centro Cívico; os días 18, 19 e 20, baloncesto tamén na praza do Centro Cívico; e os días 24, 26 e 27, volei praia, na praia de Esteiro.
No mes de agosto está programado fútbol praia, os días 1, 2 e 3, na praia de Esteiro; patinaxe, o día 8 na praza do Centro Cívico; kayak, o día 9 na praia de Morás; e Orientación, o día 10 na praza do Centro Cívico.
O horario das Noites Alternativas de Xove vai das 22:00 á 1:30 horas. A idade para participar nelas é a partir dos 8 anos (categorías infantís e adultos), e os/as interesad@s poden anotarse no lugar de celebración...
leer másHoxe martes, 4 de xullo, comenza o proxecto “Diververán Xove”, cun obradoiro de Drons, no que participan un total de 30 rapaces e rapazas de idades entre os 10 e 16 anos. Durante a mañá coñeceran as pezas e a montaxe de Drons, participaran na pilotaxe de Drons, tanto en voo dirixido coma simulado.
O proxecto “Diververán Xove”, está organizado pola OMIX do Concello de Xove e conta coa colaboración de 5 mozas voluntarias. Durante os meses de xullo e agosto organizaranse diferentes actividades (Educación Vial, cociña saudable, realidade virtual, informática, xogos populares,…) de martes a xoves en horario de 10:00 a 14:00, coa finalidade de ofertar ocio alternativo á xuventude do Concello de Xove.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IV Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
-Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos...
O Centro Cívico de Xove acolle o sábado, 10 de xuño, a presentación da última novela de Rita Morrigan, seudónimo da escritora xovense Lucía Sánchez Meitín, La luna en tus manos.
Lucía Sánchez Meitín é a recente gañadora do VII Premio Vergara de Novela- El rincón de la novela romántica. A presentación, que dará comezo ás 19:30 horas, está aberta aos amantes da boa literatura e a todo o público en xeral.
Este vindeiro fin de semana, concretamente o sábado 3 e o domingo 4 de xuño, vaise desenvolver en Xove, na praia de Esteiro, o OPEN DE SURF “ESTEIRO EN XOVE”.
Trátase dun campionato organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración da Federación Galega de Surf, Concello de Xove e Cerveza Mahou; este Open está encravado tamén dentro do Circuito Galego de Surf. Ao mesmo tempo, decir que se trata dun Open, ousexa, é unha competición aberta a surfers doutras comunidades, non é unha competición exclusiva para galegos.
Na competición van estar representadas tódalas modalidades (surf, body board, long board e paddle surf) e tódalas categorías (dende infantil ata master).
Na parte competivida inscribíronse 150 surfers; neste sentido temos inscritos o tope, xa que por cuestións organizativas...
leer más