O 13 de xuño celébrase a Romaría do San Antonio da Rigueira. A Delegación de Turismo, Investigación Social e Muller do Concello de Xove traballa dende hai nove anos na recuperación da antiga romaría, acadando un maior número de romeiras e romeiros en cada edición, ata o punto de dar xa por consolidada a súa recuperación.
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira, onde recibirán a Ventura –insignia de ter completado o camiño- e a Azucena –flor de San Antonio-, deben anotarse no Concello antes do 8 de xuño. As inscricións poden facerse no número de teléfono 982 592 001 ou no correo electrónico lucia@xove.es
Haberá oito rutas habilitadas ao longo de todo o concello, aínda que a maioría dos romeiros/as escollen saír xuntos de Xove e ir ata o San Antonio pola Ruta dos Muíños.
Unha vez completada a ruta escollida, e debidamente selados os carnés, terá lugar a recepción dos romeiros/as na carpa do Concello, e a entrega da Ventura 2018 e da flor de San Antonio.