A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes de Xove informa da apertura do prazo para solicitar autorización para todos aqueles que queiran facer a tradicional fogueira do San Xoán.
O prazo ábrese o próximo luns, 4 de xuño, e rematará 20 deste mes. A solicitude poderá facerse no departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.
E desde o Concello lembran que “non está demais recordar que, para facer a tradicional fogueira, non é válido o permiso de queima agrícola”.