Xove
A Sala do Centro Cívico de Xove acolle a exposición A Mariña Somerxida.
Esta mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de setembro e pode visitarse en horario de 18:00 a 22:00 horas de luns a domingo.
A exposición permite descubrir, máis aló da superficie dos nosos mares, un mundo incrible de especies únicas a través da bioloxía, a fotografía, a conservación e a biodiversidade. A mostra fotográfica presenta obras de Calos Gil e Hugo Fernández.
A actividade está organizada por GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.
Hoxe presentouse na praza do Centro Cívico de Xove a III Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 21 de setembro, durante todo o día.
A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.
Para a realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momentos as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo.
O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.-...
Presentado o Programa das Festas Patronais de Xove 2019, dedicadas a San Bartolo (Patrón de Xove) e á Virxe do Carme.
No acto participaron os organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.
As Festas, que comezan o 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o 2 de setembro co Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.
Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Nesta ocasión imos referirnos concretamente a tres, dúas rematadas e outra de celebración inmediata; comezamos por esta última:
Festa Acuática na praia de Portocelo
Na Praia de Portocelo, este vindeiro domingo, 4 de agosto, a partires das 16:00 horas terá lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.
Vai haber xogos de todo tipo e moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.
Trátase dunha actividade...
O Concello continúa co seu programa “Verán Xove 2019”, ofertando un gran abano de actividades lúdico-educativas aos seus veciños, en especial aos nenos e rapaces.
Xove Concilia o Verán
Dentro do amplísimo programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán!” foi o primeiro posto a andar. No mesmo inscribíronse 68 nenos/as (11 máis que o pasado ano), de 4º de Infantil ata 4º de Primaria.
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, arrancou o 24 de xuño con todo tipo de actividades; estas estanse realizando no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa...
A asociación de festexos A Granda organiza as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón que se celebrarán na parroquia de Lago, no concello de Xove, os días 19, 20 e 21 de xullo.
O venres 19 ás oito da tarde no campo da fest, haberá unha gran churrascada a prezos populares á que están citados todos os xovenses e visitantes. Despois celebrarase unha verbena coa orquestra Salsarena e o grupo Arizona. A organización ten previsto aparcamentos no entorno do campo da festa.
O sábado 20 será o día dedicado á Virxe do Carme. Haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén estará na verbena da noite co grupo Tapyoca.
O domingo 21 será o día dedicado a San Antón. Ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá procesión. Ao remate terá lugar unha sesión vermú prolongada co Trío Lembranza...
leer másO programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.
Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.
Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.
O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector...
leer másO Concello de Xove presentou a súa programación de verán, para nenos, mozos e adultos.
63 nenos e nenas de 0 a 9 anos participarán no programa de conciliación, que funcionará desde o 24 de xuño ata o 4 de setembro. O Concello agarda que participen nas mañás divertidas, para rapaces de entre dez e 16 anos, arredor de trinta persoas. Así preto de 100 menores se beneficiarían da programación matinal do Concello de Xove.
Outra das actividades para as vindeiras semanas será o Verán Xove, que inclúe actividades deportivas como os kangoo jumps previstos para os venres e pensados para nenos maiores de doce anos. Tamén haberá fútbol sala e fútbol, ciclismo, sendeirismo, bádminton ou bolos.
Unha das principais novidades do programa para este 2019 é que todos os domingos haberá xogos e actividades...
leer más