Ata o 30 de setembro está aberta no Concello de Xove a preinscrición para o novo alumnado da Escola Municipal de Música.

Ata o 30 de setembro estará aberta nas oficinas do Concello de Xove a  preinscrición para o Curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Todos/as alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario de oficina a formalizar a súa solicitude. Tamén  poden realizar esa preinscrición  online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con todos os datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello. Esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

O día 1 de outubro farase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar  a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email        carolina@xove.es  ou xulianogueira@gmail.com, a seguinte documentación:  o DNI do alumno/a e da persoa que realice a Inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ata o 15 de outubro de 2020. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Desde o Concello lembran que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2019/2020 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado  mes de xuño.