A praia de Esteiro, que ininterrumpidamente dende 1999 ven disfrutando da Bandeira Azul, luce dende este pasado sábado, 11 de xullo, a nova enseña, que foi izada polo alcalde, Demetrio Salgueiro. O rexedor estivo acompañado das concelleiras de Turismo, Cristina Iglesias, e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, así como por varios dos socorristas que traballan na campaña deste ano 2020.
Xunto coa Bandeira Azul, foi izada a bandeira de Praia sen Fume, que forma parte dunha campaña coa que se pretende librar de malos fumes os areais de Xove. Desde o Concello sinalan que “con isto animamos aos fumadores a deixar de fumar e facilitamos que os distintos usuarios da praia disfruten dun entorno e un aire máis limpo. Sen dúbida, un aliciente máis para visitar Xove e disfrutar dunha das praias máis bonitas de toda a costa galega”.