Xove
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.
O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.
A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras...
leer másÁ cita acudirán grupos de Burela, Cervo e As Pontes, O grupo Tanto nos Ten dará un concerto presentando o seu novo disco ‘Cortando Fíos’ e ás 19:00 impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e a entrada é de balde.
A XIV Foliada da Mariña terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño nunha carpa na Praza do Concello en Xove a partir das 20:00. Unha hora antes integrantes de Saiñas (Noa, Uxío e Pedro) impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no que que as persoas participantes aprenderán a bailar unha muiñeira, a inscrición pode facerse a través da páxina de Facebook de Saiñas.
O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen, Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela,...
leer másO Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.
A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...
leer másO sábado, día 27, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Mayer, e ás 15:00 horas, celebrarase un xantar (para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partires das 17:00 horas, haberá verbena con Mayer e Fénix. A comisión entregará trofeos ás tres mellores parellas de baile, e ás parellas máis veterana e máis nova. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha gran queimada co Bruxo de Cervo.
E o domingo 28 ás 10:00 horas comezará a xuntanza cabalar e o paseo de sendeirismo de Pesasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar que haberá posteriormente hai que chamar ao teléfono 646 647 619.
...
leer másA asociación Prestoxove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, a XXIX edición do Curso de Música Semana Santa 2019 que se desenvolverá os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril.
Dirixido por Xan Carballal, será impartido polas profesoras de violín Nazaret Canosa e Rebeca Maseda, o profesor de violonchello Iván Siso e o profesor de trompa Benxamín Iglesias. O programa desenvolverase en sesións de mañá e tarde, entre as 10:00 e as 18:00 horas.
Entre as actividades previstas, o xoves 18 de abril, haberá un concerto coa participación do Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, a partires das 18:00 horas.
O concerto de clausura celebrarase o venres 19 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
"Naufraxios:Patrimonio sumerxido na costa de Xove" é o título da interesantísima xornada que, dende Turismo, Investigación Social e Muller e baixo a coordinación de Lucía Sánchez, organiza o Concello xovense para o próximo mércores, 17 de abril, a partir das 17:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico.
Xove conta cun Patrimonio Subacuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, descuberto por casualidade no ano 2007, e afundido na nosa costa no ano 1544. Por este motivo, dende o Dep. de Investigación Social do Concello de Xove, convidouse a prestixios@s profesionais da Arqueoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pública, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para tod@s aqueles interesados na materia:
RELATORIOS:
1...
O municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais.
O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube.
O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...
leer más