Foz acollerá os días 6 e 7 de decembro as xornadas gastronómicas das tostas, que organiza AciaFozCCA

Na cita participan 8 locais hostaleiros: Augas Santas, Cafetería Anduriña, Los Dulces de Delphine, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “o que queremos con estas xornadas gastronómicas das tostas é ofrecer unha alternativa na ponte da Constitución tanto para as veciñas e os veciños de Foz como para os visitantes que se achegarán estes días ao noso pobo”.

E engade: “a nosa hostalería sorprenderanos coas súas creacións os días 6 e 7 de decembro en Foz. Será tamén un bo momento para pasear polas nosas rúas e para mercar no comercio local”.

As xornadas gastronómicas das tostas están organizadas por AciaFozCCA, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.