Visita
O sábado, 30 de outubro, ás 17:00 horas comezará a visita guiada organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “sairemos en autobús de diante da Casa do Concello para ver algúns dos moitos cruceiros, cruces e cristos do municipio de Alfoz. O encargado de guiarnos nesta ocasión será Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz”.
Para participar hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o luns 25 ata o venres 29 ou ata esgotar as prazas, que son limitadas.
A actividade é de balde e está incluída no Plan Único da Deputación Provincial, na Área de Turismo.
O Mago Antón estará en Alfoz co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos o día 29 de agosto, domingo, con oito sesións desde as 12:00 ata as 21:00 horas, que se poderán desfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades.
O vehículo escenario do Mago Antón estará en Alfoz situado diante do pavillón polideportivo e da piscina municipal.
Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22.
O 10 de abril de 2020, Venres Santo tamén, ás cinco da tarde saín de Ribadeo cara As Catedrais, para facer un traballo, e o que atopei foi moi triste aínda que esperado: o areal baleiro. O único coche no aparcadoiro era o meu, o ceo estaba gris escuro e o único que se escoitaba era o ruxido do mar. Sentín pena, desolación, tristeza, melancolía e ata medo. A imaxe da emblemática praia de Augasantas era terrorífica. Estiven dez ou quince minutos, fixen unhas fotos e fuxín.
Estabamos hai un ano en pleno confinamento domiciliario. Hoxe, 2 de abril de 2021, as cousas mudaron bastante. É certo que a maioría das comunidades autónomas do país están pechadas, é certo que hai moitas normas sanitarias que cumprir, é certo que o virus segue facendo das súas, pero tamén é verdade que a imaxe deste Venres Santo ás cinco da tarde era ben distinta. O...
leer másOs Reis Magos estarán en Ribadeo mañá, martes, de cinco a sete da tarde no parque de San Francisco, no palco da música. Debido ás circunstancias actuais, derivadas da pandemia do covid, non haberá cabalgata. As nenas e os nenos poderán ver aos Reis, pero non poderán falar con eles, xa que hai que manter a distancia de seguridade. Pero por primeira vez na historia as súas Melchor, Gaspar e Baltasar van ofrecer o seu discurso de xeito virtual para todas as nenas e nenos, que o poderán seguir a través do facebook do Concello de Ribadeo, despois do seu paso polo parque.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, dixo que “todo o mundo é sabedor das circunstancias actuais ás que nos temos que enfrontar por mor da pandemia do covid e sabemos tamén que o noso concello está tendo un problema importante de casos, que aínda que focalizado principalmente...
leer másA lonxa de Burela acollerá este mércores, 27 de novembro, pola mañá unha nova xornada do proxecto 'PEQUE-PEIXE', organizada pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo en colaboración con Armadores de Burela e que ten como obxectivo formar aos nenos de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
No acto participarán 139 nenos de 10 e 11 anos de 5º e 6º de Educación Primaria de varios colexios públicos da contorna: CEIP Virxe do Carme de Burela, CEIP Península da Paz de San Cibrao, CEIP Plurilingüe Número 1 de Foz e Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz.
A xornada comezará ás 10:30h coa visita dos pequenos á lonxa ABSA de Burela, onde aprenderán a diferenciar as principais especies pesqueiras e as etiquetas do peixe fresco.
Ás 11:25h os alumnos recibirán...
leer másMariña Patrimonio organiza para o día 27 de outubro unha visita guiada ao concello de Ourol para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso máis salientable. Ademais de a Ourol, achegarémonos a Bravos, Xerdiz e Vilares.
Desde Mariña Patrimonio indican que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus o traxecto Foz - Ourol (con paradas intermedias, das que se informará así como dos horarios). Esta opción é a máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. As persoas que estean máis afastadas, poderían incorporarse ao bus en Foz. Como vén sendo habitual neste tipo de saídas, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen”.
A data límite para anotarse remata o vindeiro luns, 21 de outubro. As persoas interesadas que o fagan saber...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse...
leer másO vindeiro 30 de marzo Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Foz para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso. Nesta visita, ademais de percorrer lugares emblemáticos da vila, os asistentes achegaranse ata a Frouxeira, San Martiño e Vilaronte.
De haber un número suficiente de persoas interesadas en participar nesta actividade, os desprazamentos faríanse en bus, que sairía de Viveiro e faría paradas intermedias ata chegar a Foz. As persoas que veñan doutra zona, e tamén as de Foz, poderían incorporarse ao bus para desprazárense ata os diferentes lugares da visita.
Antes de reanudar as actividades da tarde, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen.
Para poder organizar axeitadamente esta saída, a data límite para anotarse é o próximo xoves, 21...
leer másFoz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.
Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID...
leer másA Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 2 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao, na parroquia de Santa Cilla en Foz.
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII, así como unha ampla finca con xardín.
O percorrido vai comprender a visita á Casa do Pazo, concretamente ao salón de retratos onde se conservan imaxes da totalidade dos señores de Fontao desde o século XVII, e ás antigas mazmorras. Tamén se visitará a ermida de Santo André, antiga capela na que están enterrados algúns dos señores de Fontao, e atópanse imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último os asistentes coñecerán o xardín novo da finca, regado por máis de sete fontes.
... leer más