Visita
O carteiro real visitará Ribadeo o vindeiro 29 de decembro. Farao da man da Comisión da Cabalgata de Reis e de Acisa. O colectivo empresarial anima a veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no comercio local.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “xa estamos de cheo no Nadal, e polo tanto é un bo momento para anunciar algunhas novidades que tiñamos gardadas para estas datas como é a visita do Carteiro Real a Ribadeo o vindeiro 29 de decembro e un concurso fotográfico nas redes sociais, que poñemos en marcha mañá mesmo, e aproveitamos para lembrar todo o que Ribadeo ofrece nestas datas, nas que animamos a facer as compras no comercio local e a gozar da hostalería da nosa vila”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “o Carteiro Real estará esperando aos pequenos e pequenas no...
leer másPapá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.
É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.
Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas.
“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.
A Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.
A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.
Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
A Asociación Cultural O Pasatempo organiza a visita a Mondoñedo da Apalpadora, cun contacontos musical infantil, que terá lugar no auditorio municipal o domingo 24 de decembro ás 17:00 horas.
A entrada a esta actividade é de balde.
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha visita da Apalpadora para este domingo, 10 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo. É para todos os públicos con entrada de balde.
“Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora! A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas, para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible”, explican os organizadores desta actividade.
El Atyla es un velero clásico construido entre Soria y Bizkaia en los años 80. Se construyó a mano siguiendo los diseños de los barcos del siglo XVIII. Su historia es increíble.
En la actualidad, el Atyla es el único barco de madera de toda España que participa en regatas internacionales de grandes veleros. El Atyla suele recibir el premio a la tripulación más internacional.
Esta embarcación ha recorrido toda Europa y ha llegado hasta Rusia y Canadá. Todo ello dirigido por una organización benéfica que promueve habilidades como la inteligencia emocional, la resiliencia y el trabajo en equipo.
El barco podrá visitarse en el puerto deportivo de Ribadeo los días 11 y 12 de agosto de 12 a 14 horas. La visita es gratuita, pero hay que reservar en la página...
leer másEl hombre más modificado del mundo, el francés Anthony Loffredo, conocido como Black Alien, estará en Ribadeo la próxima semana, para hacer tatuajes en Black Blood Tattoo Studio del lunes 24 al miércoles 26. El último día tendrá un encuentro con sus fans, que podrán pedirle autógrafos y fotografiarse con él.
Anthony Loffredo es un hombre de 33 años nacido en Montpelier que saltó a la a la fama tras empezar su proyecto artístico The Black Alien Project, que tiene como objetivo convertirse en lo que él considera un alien. Se trata de un proyecto vital que inició hace ocho años y que desarrolla progresivamente en su cuerpo mediante modificaciones corporales y tatuajes. Actualmente está en un 57 por ciento de su transformación, pero su proyecto va más allá de las modificaciones. Loffredo es un artista abstracto y tatuador freehand...
leer másDende Mariña Patrimonio explican: “viñemos organizando visitas nos últimos anos polos diferentes concellos da Mariña. Estas visitas permitíronnos coñecer un valioso patrimonio ao que sería máis difícil acceder sen este tipo de actividades. Unhas actividades que foron acollidas con interese durante todo este tempo por un bo número de persoas”.
E subliñan: “da Mariña só nos queda por achegarnos ao concello de Barreiros, co que pecharemos o ciclo das visitas que tiñamos previsto realizar. Debido a que se trata da última excursión desta serie, queriamos que fose algo especial. Por iso, pareceunos unha boa idea organizar esta visita para o 10 de xuño, data na que os nosos amigos e compañeiros da Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo de Barreiros organizan o X Festival Augas Santas, coa súa festa gastronómica do porquiño ao espeto”.
... leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 13 de maio, unha visita polo patrimonio de Riotorto. Está previsto achegarse en xornada de mañá á mina romana da Muxueira, ás igrexas de San Pedro e Santa Marta e á casa Moirón. Tralo xantar visitarase o obradoiro dun ferreiro e a parroquia de Órrea.
A data límite para apuntarse remata o martes 9 de maio. Cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.
Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Riotorto pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio....
leer más