Visita

Etiquetas:
03/11/2015
Unha de morcegos... e covas o vindeiro sábado, 7 de novembro, na Librería Bahía en Foz.
 
O vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 12 da mañá terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “El dilema de Spallanzani y otras curiosidades de los murciélagos”, do biólogo Roberto X. Hermida. Estará acompañado pola profesora Teresa Nécega. E a continuación charla-proxección sobre As Covas do Rei Centolo, a cargo de Gonzalo Villarmea. 
Desde a Librería Bahía sinalan que “ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos… Este sábado, día 7 de novembro, propoñémosvos dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir morcegos e covas.
Apetécevos abrir os ollos e os oídos a estas dúas realidades tan próximas?”.
Estas actividades, que se desenvolverán pola mañá son libres e...
leer más
Etiquetas:
05/06/2015
O Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, celebrará este sábado, 6 de xuño, o día dos museos con varias actividades.
 
Declarado pola Xunta de Galicia como Colección Visitable, cun contido relativo as artes decorativas e a etnografía no ámbito local para os efectos previstos na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, celebra este sábado, 6 de xuño, o DIA DOS MUSEOS, tal como ven facendo nos últimos anos, nesta ocasión por motivos de programación retrasouse unha semana.
A programación iniciase as 11 da maña coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama, sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica.
A continuación haberá unha visita guiada os museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Tratase dun prato de Pablo Picasso dunha edición numera de 60 unidades, realizado nos talleres Maura da Costa Azul, así...
leer más