Viaxes
A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.
Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo.
Tamén viaxaron á Mariña os alumnos do último ciclo de primaria do colexio Otero Pedrayo de Rábade. Neste caso, visitaron os concellos de Alfoz e O Valadouro e percorreron algúns dos recursos naturais destes municipios. O percorrido comezárono na Granxa...
leer másA Deputación de Lugo estreou este mércores a segunda edición do programa de viaxes gratuítasCoñece a túa provincia, do que se beneficiarán máis de 3.000 persoas de 136 asociacións e colectivos lucenses. Nesta segunda edición os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, dende hoxe e ata o 30 de xuño, e en outono, de setembro a novembro.
A primeira entidade beneficiaria, a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores de Lugo Lucus, visitou o Pozo da Ferida e o concello de Ferreira do Valadouro para despois seguir a ruta no castelo de Castrodouro e a Finca Galea, ambos en Alfoz. A ruta comezou cun percorrido polo Pazo de San Marcos onde puideron coñecer a historia do edificio.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de iniciar unha colaboración co maiorista receptivo Viajes Interrías, empresa galega con máis de 30 anos de experiencia, especializado en España, Portugal, Lourdes e Andorra. Esta acción é o resultado do traballo realizado por parte do xeodestino e os Concellos asistindo a feiras profesionais de turismo coma FITUR.
Fai uns días o presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, e o director comercial de Viajes Interrías, Fabián Buezas, xunto a técnicos de ambos entes mantiñan unha reunión de traballo no CENIMA en Foz. Entre outras cuestións, revisaron o díptico no que o maiorista receptivo traballou da man da Mancomunidade e que porá a disposición de máis de 8.500 axencias de viaxes en toda a península. Deste xeito o territorio mariñán comezará a ser unha opción a ofrecer por parte destas...
leer másA Deputación de Lugo estreou este martes o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que, nesta primeira tempada, se beneficiarán máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.
As primeiras entidades beneficiarias, a Asociación de Veciños de Ombreiro Río Miño e a Asociación Carpe Diem de Lugo, coñeceron a costa de Barreiros e Ribadeo, e os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, respectivamente. As actividades inclúen tamén unha visita a instalacións provinciais que se converten en puntos de partida das viaxes. Na primeira xornada, as asociacións coñeceron a historia do Pazo de San Marcos e o funcionamento da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei.
O Presidente recibiu no Salón de Actos á primeira asociación que visitou a sede da institución provincial, onde...
leer másEste domingo, 30 de maio, o Centro de Interpretación da Mariña en Foz acollerá o programa de radio especializado en viaxes Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero Esther Eiros e que se emitirá en directo para toda España dende o Cenima.
Trátase dunha importante acción de promoción que leva a cabo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para a promoción do xeodestino, con cargo ao convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo. Colaboran coa iniciativa o Concello de Foz, a FCAM, AciaFozCCA, Merluza de Burela, IXP Faba de Lourenzá e Vermú Arnao, de Discosta Norte.
Esta colaboración público-privada ten por obxectivo a promoción a nivel nacional dos atractivos turísticos da Mariña Lucense, do seu comercio, da hostalería e do produto local pensando na reactivación económica da comarca, a...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, acaba de reabrir con atención telemática, despois do parón ocasionado pola crise sanitaria do Covid-19. Pero manterá pechado o seu local na vila ribadense ata que volva a normalidade no sector das viaxes.
Viaxes Augasantas comercializa os produtos do sector que permite a situación actual, como billetes de avión, de autobús e de tren, ademais de paquetes vacacionais para os vindeiros meses con grandes ofertas.
Os clientes poden contactar a través do teléfono 676.445.465 (chamando ou vía whats app) e tamén no correo electrónico info@viajesaugasantas.es.
A burelesa Eva Luaces é a gañadora do segundo concurso de imaxes convocado en facebook polas axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo durante o confinamento.
Eva Luaces participou con 3 fotos representando unha estancia en Exipto e nas que se ve ao seu fillo, David Rega Luaces, degustando unha ensalada Baba Ghannouj, elaborada a base de puré de berenxenas, allo e sementes de sésamo, e tamén o postre Basbusa, que é un biscoito de sémola, vainilla e coco.
O premio consiste nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas.
As axencias de viaxes Eroski en Ribadeo e Burela convocaron dous concursos desde que empezou o confinamento co obxectivo de “manter o contacto cos clientes e axudar a que estean entretidos para que leven o mellor posible esta situación”.
... leer másAs axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo convocan en facebook un concurso de fotos e vídeos que representen unha viaxe desde a casa incluíndo un elemento gastronómico típico do lugar elixido.
O xerente de Viaxes Eroski en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica as bases do concurso: “tod@s aqueles que queirades participar teredes que colgar no voso muro de facebook, etiquetando a Viajes Burela Ribadeo e co hashtag #viaxequedatenacasa, unha foto ou vídeo dunha Viaxe Queda na Casa Gastronómica, representando unha viaxe virtual e introducindo o elemento gastronómico típico da zona ou país representado. O concurso terminará o 3 de maio as 21:00 horas. O premio consistirá nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas e será para a foto ou vídeo máis votado”.
Pedro Fraga engade: “...
leer más