Viaxes
A Deputación de Lugo reiniciará esta semana a segunda edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan coas súas reservas para viaxar polo territorio en outono, dende o vindeiro martes 13 de setembro ata o mes de novembro. Preto de 1.800 persoas de máis de 85 entidades sen ánimo de lucro xa se beneficiaron en primavera desta iniciativa provincial.
As primeiras entidades beneficiarias serán a Asociación de Santa Comba de Órrea, de Riotorto, e a Asociación de San Martiño de Río, de Láncara. Os de Riotorto viaxarán o martes á Ribeira Sacra, onde comezarán o percorrido nunha adega de Amandi logo de facer parada no Pazo de San Marcos. Tamén visitarán un miradoiro para contemplar o Canón do Sil e navegarán polo río nun dos catamaráns da Deputación de Lugo. Os lancaraos...
leer másA xornalista Esther Eiros Rascado, natural de Bretoña, dona ao Concello de Mondoñedo a propiedade de bibliografía composta polos seus libros de viaxes a nivel nacional e internacional, guías e fotografías, así como un resumo dos premios e recoñecementos ao longo dos seus 52 anos de profesión, 33 co premiado programa radiofónico ‘Gente Viajera’. Eiros e o alcalde, Manuel Otero, firmaron este venres o acordo nun acto na Casa do Concello.
Mondoñedo creará, deste xeito, o espazo Esther Eiros, Gente Viajera que a xornalista ofrece á memoria da súa tía Purificación Rascado Alonso, “la persona que me regaló mi primer libro de tapas blandas con poesías de Rosalía de Castro que -junto a la lectura del clásico Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë, y de obras de Emilia Pardo Bazán- me inclinó hacia el periodismo, escribir historias y poesía”. Eiros...
leer másPreto de 160 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos lucenses. Viaxanseis asociacións de diferentes zonas do territorio lucense, que percorrerán A Mariña interior, a Terra Chá, e a Ribeira Sacra.
Este martes, a Asociación de Veciños Os Cinco Ríos, doCorgo, e a Asociación Os Milagres de Saavedra, de Begonte, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas.
Os de Begonte coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro, e posteriormente puxeron rumbo cara O Inciopara descubrir o encoro de Vilasouto cunha ruta circular a pé, así como a igrexa de San Pedro de San Fiz do Hospital, a aldea de Ferrería e o...
leer másSete entidades de toda a provincia participan dende este martes ata o venres no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos do Páramo, Cervo, Lugo, Lourenzá, Pedrafita do Cebreiro, Vilalba e Ribeira de Piquín os que participen nas viaxes gratuítas impulsadas pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos concellos lucenses e dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
Os percorridos levarán á veciñanza durante estes catro días a concellos da Ribeira Sacra, como Taboada, Chantada, Sober, Monforte, O Saviñao e Sober, pero tamén descubrirán Burela e Foz.
A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Alborada de San Cibrao, en Cervo, é a primeira entidade participa esta semana no programa provincial. O colectivo...
leer másSete entidades de toda a provincia participan esta semana no programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres, colectivos de Lugo, Barreiros e Cervantes percorren o patrimonio natural e cultural da provincia a través de diferentes itinerarios que os levarán a Cervo, O Incio, Alfoz e O Valadouro, Quiroga, O Saviñao e a zona de Montaña, con parada nos concellos de Becerreá, As Nogais, Cervantes e Navia de Suarna.
As viaxes comezaron este martes con dúas entidades do concello de Lugo. Por unha banda, membros da Asociación Veciñal San JoséPolvorín das Gándaras iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e, posteriormente, achegáronse ao concello de Cervo, onde visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados e a vila de San Cibrao. Por outro lado, integrantes da Asociación Prestancia de Lugo percorreron...
leer másA Mariña e a Ribeira Sacra son os territorios que percorrerán esta semana os participantes no programa da Deputación de LugoCoñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres a veciñanza de Vilalba, Lugo, Baleira, Outeiro de Rei e Alfozcoñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román, de Vilalba, e a Asociación de Prexubilados e Xubilados Xubilia Lucus, de Lugo, foron este martes as primeiras entidades en participar na programación desta semana.
Os vilalbeses coñeceron o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, desprazaranse o concello de Sober, cunha visita á rectoral de Gundivós e á igrexa románica de San Xiao de Lobios. Ademais, visitaron a Ribeira Sacra a través dun percorrido no catamarán da Deputación.
... leer másPreto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
Este martes a Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, comezou o seu percorrido no Mazo de Santa Comba xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, para continuar pola montaña e visitar Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O Pazo de San Marcos foi a primeira parada da Unión Xeral de Traballadores de España, onde os recibiu a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Na viaxe percorreron o concello de Cervo con visitas á Fábrica de Sargadelos, o...
leer másPreto de 180 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Trátase de membros de oito asociacións das zonas centro e sur de Lugo que percorrerán A Mariña, descubrindo a costa e o interior, ademais da Ribeira Sacra e a zona de Montaña.
Este martes, a Asociación de Veciños do Barrio de Cobas, de Monforte, e a Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel, de Outeiro de Rei, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas. Os monfortinos coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro da man do Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, para, posteriormente poñer rumbo á costa e descubrir as praias de Barreiros...
leer másMáis de 170 veciños e veciñas de oito asociacións da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro da provincia. Dende hoxe e ata o venres coñecerán concellos como Xove, Viveiro, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Pantón e Carballedo.
As viaxes desta semana comezaron este martes coa visita da Asociación Recreativa e Cultural de Apoio ás Persoas Afectadas de Cancro Esperanza, de Burela, a Monforte de Lemos, onde visitaron o Pazo de Tor e o centro histórico do municipio. Antes, acompañados do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, coñeceron o traballo realizado na produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Tamén na primeira xornada, a Asociación de Veciños San Román de...
leer másUnhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. As sete entidades participantes visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de Montaña, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela.
Este martes a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.
Mañá mércores, as entidades beneficiarias...
leer más