A burelesa Eva Luaces é a gañadora do segundo concurso de imaxes convocado en facebook polas axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo durante o confinamento.
Eva Luaces participou con 3 fotos representando unha estancia en Exipto e nas que se ve ao seu fillo, David Rega Luaces, degustando unha ensalada Baba Ghannouj, elaborada a base de puré de berenxenas, allo e sementes de sésamo, e tamén o postre Basbusa, que é un biscoito de sémola, vainilla e coco.
O premio consiste nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas.
As axencias de viaxes Eroski en Ribadeo e Burela convocaron dous concursos desde que empezou o confinamento co obxectivo de “manter o contacto cos clientes e axudar a que estean entretidos para que leven o mellor posible esta situación”.