Viaxes
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza excursións para os días 14 e 15 deste mes, sábado e domingo, a Portugal e a Muxía respectivamente.
O sábado 14 a viaxe será as localidades portuguesas de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho, que son famosas polos seus mercados. A actividade con desprazamento en autocar, almorzo e seguro de asistencia de viaxe ten un prezo é de 35 euros por persoa. E con comida incluída custa 45 euros por persoa.
E o domingo 15 a excursión será á festa romaría da Virxe da Barca, en Muxía, evento declarado de interese turístico nacional. Esta actividade inclúe desprazamento en autocar, almorzo, comida e seguro de asistencia de viaxe e ten un prezo de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nestas...
leer másÉxito da convocatoria de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, para presentar a súa oferta para este ano. Máis dun centenar de persoas se deron cita o pasado sábado no hotel Voar para coñecer de preto algunhas das viaxes estrela deste 2019.
Pedro Fraga, xerente de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, foi o encargado de conducir o acto, no que interviron Pilar Cabana, de Costa Cruceros; Santiago Vázquez, de Politours; e Borja García, de Mapa Tours.
Unha das primeiras saídas en grupo a un destino estrela será o vindeiro 18 de abril, na Semana Santa, a Dubrovnik, para a que aínda quedan algunhas prazas libres. Sairá un voo directo desde Asturias. As persoas interesadas o único que teñen que facer é poñerse en contacto coas delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo ou en Burela.
En outubro...
leer másAs axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo celebrarán este sábado, 9 de marzo, a presentación das súas principais propostas para este ano. O acto terá lugar no hotel Voar da vila ribadense ás 20:00 horas. O xerente das delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo e Burela, Pedro Fraga, sinala que na presentación participarán responsables das empresas Costa Cruceros, Politours e Mapatours, e haberá sorteos de agasallos e algunha sorpresa entre os asistentes.
Pedro Fraga anunciou hoxe que “este sábado 9 vai haber unha presentación, aproveitando que fixemos unha recente apertura en Ribadeo, concretamente no hipermercado Eroski, onde temos unha axencia nova de Eroski Viaxes. Imos facer a presentación de destinos especiais para este 2019 entre os que destacaría os viaxes en grupo, que son bastante coñecidos na zona. Son viaxes que teñen a...
leer másEroski Viaxes abriu hoxe, mércores, en Ribadeo a súa segunda axencia na provincia de Lugo. Con este motivo desprazouse ata a vila ribadense a responsable da firma para Galicia, Asturias e Cantabria, Leticia Pastor, que acompañou ao xerente desta oficina e tamén da de Burela, Pedro Fraga Otero.
As instalacións de Eroski Viaxes en Ribadeo están situadas nun local do hipermercado Eroski, en Vilar, e contan con dúas axentes de viaxe: Eva Fernández e Sofía López.
Leticia Pastor explicou que a oficina estreada hoxe “es un nuevo punto de venta para consolidar nuestra comercialización en la zona de A Mariña, donde disponemos de una oficina desde hace más de diez años en Burela. Tenemos mucho cliente de esta zona y para nosotros, además de un reto personal y profesional, supone llegar a los clientes de una forma más...
leer más