O Concello de Cervo organiza diversas actividades nos programas das Noites Alternativas e Enredando no Verán para os meses de xullo e agosto.
Os días 24 de xullo e 7, 8, 21 e 22 de agosto haberá aluguer de bicicletas eléctricas, na praza dos Campos en San Ciprián, en horario de 11:30-14:00 horas e de 16:30-20:00 h. Esta actividade é para todas as idades.
Os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto están programadas rutas con guía turístico para todas as idades.
Os días 27 de xullo e 3, 10, 17 e 24 de agosto desenvolveranse clases de ioga para as crianzas de 6 a 9 anos. Ademais os días 29 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto estas clases de ioga estarán dirixidas a crianzas de 10 a 12 anos.
Tamén haberá neste mes de xullo teatro, o 22; circo, o 26; noite de orientación, o 27; inchables acuáticos e deportes de aventura, o 28; e aerofit, o día 29.
No mes de agosto, celebrarase a Festa da Escuma e maxia, o día 2; actuación musical, o 3; bádminton e actuación musical, o 4; Ciencia Divertida e circo, o 9; ruta nocturna en kaiak, o 10; surf e ruta nocturna de sendeirismo, o 11; teatro, o 12; o día 16, día de San Roque, será festivo en Cervo; o 17 haberá cine; o 18, inchables e actuación musical; o 19, aerofit; o 23, escape room e música; o 24, actuación musical; o 25, teatro e música; e o día 26, teatro.