Seguridade Vial

09/06/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, conxuntamente coa Autoescola Mundial, que dirixe Pepe Soto, e que, recentemente vén de cambiar a súa ubicación para instalarse na Avenida da Mariña, en San Ciprián, ofrecerá ao conxunto da veciñanza, o vindeiro luns, 11 de xuño, unha xornada de concienciación e seguridade vial.

A actividade, que terá como eixo central un simulador de envorco, comezarán no IES Marqués de Sargadelos. Alí, os rapaces, pola mañá e en horario escolar, poderán experimentar o que se sinte en caso de accidente co fin de "sensibilizalos da importancia de usar o cinto de seguridade e facelo de xeito correcto", apuntou Soto.

Xa pola tarde, o simulador estará instalado a disposición de toda a veciñanza no aparcadoiro do estanco, na Avenida da Mariña, desde as 15:30 horas.

09/03/2017

En Barreiros terá lugar unha charla sobre seguridade vial o vindeiro luns, 13 de marzo. 

Esta actividade leva por título Para, Reflexiona, Actúa. Será o luns no centro sociocultural, en San Cosme de Barreiros, a partir das 17:00 horas.

Organizan este acto, xunto ao Concello de Barreiros, a Dirección General de Tráfico e a Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.