Maxia para xs máis pequenxs e El Brujo son algunhas das propostas culturais das que gozarán en Ribadeo do 26 ao 29 de setembro.

Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.

Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.

Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.

O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Terá lugar na Biblioteca Municipal de Ribadeo ás 17:30 horas. A actividade está recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

E o domingo, 29 de setembro, Rafael Álvarez El Brujo presentará Autobiografía de un yogui. Será no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. A billeteira estará aberta desde as 18:30 horas e o prezo da entrada será de 15 euros. A venda anticipada de entradas é a través de https://entradas.ataquilla.com.