A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de outubro, os actos do seu trinta aniversario, coa celebración dunha homenaxe a Xoán Carlos González Basanta e dunha cea conmemorativa destas tres décadas de vida da asociación.
Os actos darán comezo ás 20:00 horas do sábado, 26 de outubro, no salón de actos do colexio Martínez Otero coa posta en escena dun espectáculo teatral e musical, sobre textos literarios de Xoán Carlos Basanta, a cargo do grupo Touporroutou teatro e do músico Felipe Sánchez.
A cea celebrarase a partir das 22.00 horas no restaurante Racimo de Foz, cun menú de entrantes, arroz negro con chipiróns e gambas, tenreira asada e postre e a actuación do grupo musical Vudú.
Aquelas persoas interesadas en acudir a cea deberán retirar a súa tarxeta, antes do 23 de outubro, no restaurante Barrilete, na ferraxaría Fuente ou na cafetaría Mayros, ou poñerse en contacto con nos no telefone 608-555-010.