Mañá, xoves, e o venres segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan preto de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais de novembro.
No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 13 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría e Cayo Coco.
E os venres as tapas poderán degustarse en 17 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco e Malo Será.
O obxectivo desta campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos “é dinamizar as noites dos xoves e dos venres durante o mes de novembro, ofrecéndolle á xente a escusa perfecta para saír da casa a tomar uns viños e unhas saborosas tapas”.