O 27 de novembro volve o Xove de Tapeo. Sete locais hostaleiros ofrecerán tapas especiais ao prezo de dous euros.

ACIAM Xove volve organizar, coa colaboración do Concello, e despois duns cantos meses, o Xove de Tapeo, que se arrinca este venres, 27 de novembro.

Sete establecementos participan nesta cita gastronómica, que  a partir das 19:00 horas ofrecerán as súas tapas especiais ao prezo de 2 euros.

O Xove de Tapeo pode degustarse en: O Cabaliño, co seu Lacón con grelos; Os Faroles, que ofrece Xamón cocido con patacas e chourizo; Onde Sempre, que presenta Asado de tenreira sobre base de patacas; Bar Pepe, con Raxo á tixola; O Refugio, que elabora Lombo de porco ó forno envolto en bacon; O Cociña, que prepara Milfollas de pataca con cinta de lombo e salsa de piquillos; e Lugar das Marías, con Mini burguer de peixe espada con toque de curry e marmelada de pementos.

A organización lembra a tod@s os/as asistentes cumprir todas as normas e medidas de seguridade fronte ao covid-19 para, co traballo dos profesionais, poder seguir desfrutando dunha hostalería segura.