A próxima fin de semana -venres 26 e sábado 27 de novembro- na Libraría Bahía, de Foz, celebran a segunda fin de semana solidaria.
Desde o establecemento explican que “o 10% das vendas destes dous días ímolo destinar a achegar un libro ás nenas e nenos con menos recursos do concello de Foz. En colaboración cos Servizos Sociais, cada unha delas terá un cheque regalo co que se poderá achegar á libraría a escoller o libro que máis lles guste”.
E engaden: “este é o segundo ano que levamos adiante esta acción e con ela pretendemos mandar unha mensaxe solidaria que consideramos necesaria: merquemos pensando tamén nos demais, sempre”.