Os sendeiros de Foz realizarán unha marcha nocturna pola vila o vindeiro 14 de agosto a partir das dez da noite.

Os sendeiros de Foz realizarán unha marcha nocturna pola vila o vindeiro 14 de agosto a partir das dez da noite.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha camiñata nocturna o 14 de agosto polas rúas de Foz, o porto e o paseo das praias entre A Rapadoira e Llas. Será a partir das 10 da noite, con saída da praza Conde de Fontao. 
É a 6ª marcha nocturna que organiza este colectivo. Ao acabar, os participantes estarán convidados a unha chocolatada con biscoitos. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, sendo responsabilidade da persoa os danos que puideran sufrirse na ruta. Os organizadores recomendan levar lanterna ou farol.
Os interesados poden anotarse nos teléfonos 696236020 e 670369017, así como no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.