A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o día 12 de setembro unha ruta a Valporquero (León), con visita á cova e percorrido de catro quilómetros. Trátase dun tramo de dificultade baixa .
O prezo para os socios é de 25 euros e de 30 para os que non formen parte da asociación Pasada das Cabras. A entrada á cova está subvencionada polo colectivo organizador e a taxa a pagar inclúe viaxe, seguro e comida. A saída está prevista para ás 7 de mañá dende a estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 58 05 04 antes do 10 de setembro ás 20 horas.
Esta ruta está patrocinada polo Concello de Burela.