A Asociación de Sendeirismo Terras Lourenzá celebrará o Día da Asociación cunha ruta de 12 quilómetros que percorrerá parte dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo. Tratáse dunha proposta bautizada como Ruta do Masma, pois terá como eixo condutor este río, e terá lugar o día 2 de agosto ás 9.30 horas na Área Recreativa da Cazolga. A dificultade do percorrido é baixa.
A ruta é a máis importante do ano para a Asociación Terras de Lourenzá e terá forma de camiñata circular: permitirá aos participantes gozar do entorno do Masma e do tramo no que converxe co Baos, tanto no municipio de Lourenzá como de Mondoñedo. O camiño acaba na mesma Área Recreativa na que comezou, onde os participantes farán unha churrascada para repoñer forzas. O grupo pasará na Cazolga toda a tarde e poderá divertirse ao ritmo da música e de xogos e mesmo con algún baño no río, polo que os organizadores recomendan levar toalla e traxe de baño.
Os interesados poden anotarse no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ata o día 29 de xullo ás 14 horas. Tamén é posible apuntarse nos teléfonos 619378029 e 636496448. O prezo é de 8 euros para socios de Terras de Lourenzá e de 15 euros para o resto.