Os sendeiros de Foz rematan as súas rutas de verán o 22 de agosto cun percorrido polo municipio.

Os sendeiros de Foz rematan as súas rutas de verán o 22 de agosto cun percorrido polo municipio.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o próximo sábado, 22 de agosto, o último dos seus “andareiros de verán”, que discorrerá polo entorno do municipio e acabará cunha pequena comida para celebrar a fin do verán. 
A cita é ás nove da mañá e o punto de encontro será a Casa do Concello e os participantes deberán pagar unha tarifa de 5 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo, auga e algo de picar para o camiño. A dificultade da ruta é media. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, polo que cada quen é responsable dos danos que puidera sufrir na ruta.
A inscrición é obrigatoria nos teléfonos 696236020 e 670369017 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.