Sendeirismo
O vindeiro sábado, 21 de outubro, a asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con voluntarios de Alcoa van a facer a subida ao Monte Castelo, de Viveiro, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 10 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar á ermita do monte haberá pinchos gratis para todos os participantes antes de empezar a baixada.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 19 de outubro ás 20:00 horas.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza os días 27, 28 e 29 de outubro un fin de semana de sendeirismo con dúas camiñatas polas terras asturianas de Somiedo.
A saída está prevista para o venres, día 27, ás 19:30 horas dende o Cantón de Vilanova. O sábado 28 realizarase a ruta Foces e Brañas de Saliencia dunha lonxitude de 15 quilómetros e dificultade media-alta. Para as persoas que o desexen existe a posibilidade de reducir esta camiñata e facer unha variante denominada Ruta Brañas de Saliencia de 7,5 quilómetros e dificultade media-baixa. A comida será durante o desenrolo da propia ruta e unha vez rematada o punto de destino será Valle de Lago onde será a cea, o aloxamento e a comida do domingo.
O domingo 29 a camiñata escollida é a Ruta Braña de Sobrepena cun percorrido duns 9 quilómetros e...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o 9 de setembro a novena etapa do Camiño do Cantábrico, que vai da praia de Covas á praia de San Román cun percorrido de 10 quilómetros.
A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e o prezo para os socios é 20 euros e para os non socios 25€ (inclúe autobús, comida e seguro).
Para participar é imprescindible anotarse e debe facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 7 de setembro ás 20:00 horas.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o día 10 de setembro a Pontedeva en Ourense, onde terá lugar a XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.
A saída será ás 5:50 horas do Concello. Os prezos son 34 euros para os socios federados, 39 € para os socios non federados, e 44 euros para os non socios non federados. O xantar está incluído e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
Para participar é obrigatorio anotarse e o prazo de inscrición remata o mércores 6 de setembro. Pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 17, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que a ruta ten unha dificultade media.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.
A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a oitava marcha nocturna polo paseo de Malates o vindeiro luns, 14 de agosto.
A saída será as 22:30 horas da praza Conde Fontao e ao remate haberá gran chocolatada e biscoitos gratis.
O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ata o sábado 12 de agosto. A organización lembra que é preciso levar lanterna ou farol.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o sábado, 12 de agosto, un novo andareiro do verán.
A ruta será á Frouxeira cunha dificultade media. A saída terá lugar ás 9:00 horas do Concello en bus ata o punto de partida.
O prezo é 2 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o xoves 10.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida para o camiño e auga.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 29 de xullo o segundo andareiro do verán, no que os asistentes percorrerán a Fragavella.
Esta paraxe atópase nun bosque de pinos e acivros onde hai cabalos, vacas e unha colonia de buitres.
A saída o sábado será ás 9:00 horas do Concello.
O último día para anotarse é o xoves, 27 de xullo, e as persoas que queiran participar poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 4 euros para os non federados (seguro accidentes obrigatorio).
A dificultade da ruta é de nivel medio e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo, e auga e comida para o camiño.
A asociación Sendeiros de Foz comeza os andareiros de verán este sábado, 22 de xullo.
A primeira ruta percorrerá Foz, e a saída será ás 9:00 horas do Concello.
Para participar é preciso anotarse. Pode facerse as inscricións nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es, ata o xoves 20 de xullo. O prezo é 4 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio.
O nivel de dificultade da ruta é medio, e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.
Colabora na organización desta actividade o Concello de Foz.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 17 de xuño, o Día do Socio facendo a subida ao Monte Castelo.
A ruta, de 10 quilómetros de percorrido, ten unha dificultade media. A saída está prevista para as 10:00 horas da Praza da Mariña.
No Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada servida por un cátering totalmente gratuíta para todos os asistentes que fagan a ruta.
Para poder asistir á comida é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves, día 15.