A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o día 10 de setembro a Pontedeva en Ourense, onde terá lugar a XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.
A saída será ás 5:50 horas do Concello. Os prezos son 34 euros para os socios federados, 39 € para os socios non federados, e 44 euros para os non socios non federados. O xantar está incluído e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
Para participar é obrigatorio anotarse e o prazo de inscrición remata o mércores 6 de setembro. Pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 17, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que a ruta ten unha dificultade media.